O fotón é o cuanto de radiación electromagnética. Vén representado por unha función de ondas simétrica, polo que se di que é un bosón. Non posúe masa en repouso. Ten unha enerxía directamente relacionada coa súa frecuencia pola ecuación:
. Ademais posúe un momento: .
A disciplina da física que trata o seu comportamento de xeito rigoroso é a electrodinámica cuántica.
Outras ramas da física abordan este tratamento en determinadas condicións que permiten aproximacións e a construción de modelos adecuados. Unha destas deriva do seu nome: a fotónica. É unha disciplina relacionada co estudo do seu comportamento no rango de frecuencias ópticas, especialmente os aspectos relacionados coa súa interacción coa materia, e que se pode considerar coma unha importante rama da óptica. Confúndese coa denominada optoelectrónica.
Sobre o nome O termo foi usado por vez primeira por Gilbert Lewis nun artigo na revista Nature en decembro de 1926.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
https://www.symmetrymagazine.org/article/photons-light-the-way Historia moi resumida das teorías sobre a luz, En Inglés.
Categoría:Física nuclear Categoría:Óptica