dereita|miniatura|Casa natal. Samuel Eiján Lorenzo, nado en San Clodio (Leiro) o 10 de maio de 1876 e finado en Santiago de Compostela o 14 de decembro de 1945, foi un sacerdote franciscano e escritor galego.

Traxectoria Samuel Eiján foi superior do convento do Santo Sepulcro en Xerusalén, procurador xeral de Terra Santa, definidor provincial, ministro provincial e custodio da provincia de Ourense. Foi membro da Real Academia Galega, correspondente do Instituto Histórico do Minho, membro nato da Xunta do Padroado da Obra Pía dos Santos Lugares e cabaleiro comendador con placa da orde de Isabel a Católica.

Escribiu unha extensa obra literaria na que tocou varios xéneros (poesía, narrativa, teatro...). Colaborou en revistas e dirixiu El Eco Franciscano. A súa obra, en galego e castelán, inspírase na relixión e no sentimento da terra.

Obra Mágoas. Versos gallegos (poemario; 1902; 2 ed. 1913). Narraciones y leyendas del oriente (Barcelona, (1910). D'a y'-alma. Versos gallegos (poemario, 1915) Historia de Ribadavia y sus alrededores (ensaio historiográfico, 1920). Editorial Alvarellos, Edic. facsímile, (1981), ISBN 84-85311-40-X.Historia de Ribadavia y sus alrededores, en Google Books. Froliñas de San Francisco. Romanceiro seráfico galicián (poesía, 1926) España mirando a Tierra Santa: Nuevas anotaciones históricas (1934). Santiago de Compostela: Tipografía de El Eco Franciscano. Hispanidad en Tierra Santa; actuación diplomática (1943). Madrid: Imprenta de Galo Sáez. El Patronato Real de los Santos Lugares en la historia de Tierra Santa (1945–1946). Madrid: Ibarra. Traducións

Barnabé d’Alsace: Nueva guía de Tierra Santa (Barcelona-Vic: Tipografía Franciscana, 1908).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas da comarca do Ribeiro Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Leiro Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Franciscanos de España Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Poetas en lingua galega