Santiago de Estás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 413 habitantes (209 homes e 204 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Patrimonio miniatura|Escultura da Virxe Peregrina. Nesta parroquia atópase un castelo medieval que na actualidade está desenterrado.
Festas A parroquia celebra as festas da Virxe Peregrina a última fin de semana de agosto e a de San Sebastián o 20 de xaneiro. Na festa do verán, os nenos e nenas fan unha danza popular e dúas cativas máis pequenas sentadas no carro da virxe tiran flores acompañadas doutras dúas nenas vestidas de comuñón que fan o mesmo.
Lugares e parroquias Lugares da parroquia de Estás
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño
Categoría:Parroquias de Tomiño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior