Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en Forcadela (Tomiño) o 25 de xullo de 1958, é un escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa en xullo de 1985, foi Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e tamén exerceu como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal, dirixida por Xosé Luís Couceiro. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York).
Colaborou habitualmente en revistas e xornais como A Trabe de Ouro, Cumieira das Letras, Tempos Novos, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Boletín da Real Academia Galega, Grial, Dorna: expresión poética galega, Festa da palabra silenciada, Boletín galego de literatura, Viceversa: revista galega de traducción.
Desde 2010 xestionou o blog O Ximnasio de Academo. Ponte en forma (poética).
Obra Poesía miniatura|Sappho de Charles Mengin, ilustra a portada de Música de cinza. Ferida acústica de río (1982). Vigo: Xerais.Ferida acústica de río O regreso das ninfas (1985). Caixa Ourense. Edición bilingüe galego-castelán publicada no 2001, en Libertarias.O regreso das ninfas O varredor en outono (1988). Santiago: Sotelo Blanco. Nausícaa (1992). Edición do autor. Con tres gravuras de Laxeiro. Profecía (1992). Sons Galiza. Morte do fadista (2000). Culleredo: Espiral Maior. Refutación da musa (2001). Culleredo: Espiral Maior. Edición bilingüe galego-castelán publicada no 2002, en Lumen. Lámpada e medusa (2002). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Música de cinza (2008). Vigo: Galaxia.Música de cinza 110 páxs. ISBN 978-84-9865-119-5. Xardín queimado (2012). Edición dixital do autor.Xardín queimado Sales do ano doce (2013). Edición dixital do autor."Sales do ano doce" Nunca se sabe (2014). Edición dixital do autor."Nunca se sabe" De Tiresias, o divino (2015). Edición dixital do autor."De Tiresias, o divino" Calquera di nada (2017). Edición dixital do autor."Calquera di nada" A mácula feroz da fermosura (2018). Edición dixital do autor. Fábula das aves (2019). Santiago: Laiovento.
Narrativa Relato policial (1989). Vigo: Promocións Culturais Galegas. Paisaxe con muller e barco (1990). Vigo: Xerais (novela). Sangue sobre a neve (1990). Vigo: Edicións do Cumio (novela negra). Traducida ao catalán. Barato, barato (1991). Vigo: Edicións do Cumio (novela negra). Contos interruptus (1992). Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia. Fóra de xogo (1993). Vigo: Edicións do Cumio (novela negra). Anxélica (1994). Vigo: Nigra (conto). A equipaxe do azar (1994). Pentalfa (novela). A armada invencible (1996). Vigo: Edicións do Cumio (novela). Guía de extraviados. Unha fotonovela poético-filosófica (2022). Edición dixital do autor.
Literatura infanto-xuvenil miniatura|Con Xaime Toxo na Casa das Campás de PontevedraA procura do falso Grial (2006). Vigo: Galaxia (novela). 216 páxs. ISBN 978-84-8288-848-4.
Ensaio A harpa e a terra (Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal) (1988). Vigo: Xerais. Eduardo Blanco Amor, fotógrafo (1993). A Coruña: Clube Cultural Alexandre Bóveda. A poesía de Eduardo Pondal (1995). Vigo: Edicións do Cumio. Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal (2005). Santiago: Sotelo Blanco/Real Academia Galega. Con Xosé Ramón Pena. Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra (2005). Santiago: Centro Ramón Piñeiro.Diálogos na néboa A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro (2009). Vigo: Galaxia.A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro 192 páxs. ISBN 978-84-9865-186-7. Sete leccións de poesía (2009). Culleredo: Espiral Maior. Dama Saudade e o cabaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na Literatura Galega Contemporánea (2012,).Frank @ Timme, Berlín. A árbore de Kant. Racionalismo e irracionalismo na fundación da Galicia moderna (2017). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. Lacán en Compostela (2023). Santiago: Laiovento. 179 páxs.
Edicións Eduardo Pondal. Poesía, edición crítica, prologada e anotada (1989). Vigo: Xerais. Guía de lectura de A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (1991). Vigo: Edicións do Cumio.Guía de lectura de A esmorga Manual e escolma da Nova Narrativa Galega (1993). Santiago: Sotelo Blanco. Guía de lectura de Á lus do candil, de Ánxel Fole (1997). Vigo: Edicións do Cumio. Poesía de posguerra: antoloxía (1997). Vigo: AS-PG, A Nosa Terra. Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez (2001). Vigo: Galaxia.
Traducións Despois de Magritte, de Tom Stoppard (1993). Teatro Keyzán. Con Victoria Gómez. Ancho mar de argazo, de Jean Rhys (2007). Xerais. Herba abraiada, antoloxía de poesía de Emily Dickinson (2019). Rinoceronte. Con Marta Dalhgren.
Obras colectivas II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado. III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado. IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado. Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco. VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado. VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1988, S. C. D. Condado. Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro. Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán. XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado. XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado. XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais. Novo do trinque, 1997, Bloque Nacionalista Galego. Relatos.Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Lois Diéguez, Xabier P. DoCampo, Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, María do Carme Kruckenberg, Manuel María, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Henrique Rabuñal, Manoel Riveiro Loureiro, Xoán Ignacio Taibo, Suso de Toro, Xulio López Valcárcel, Vítor Vaqueiro e Luísa Villalta. Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal, 2005, Sotelo Blanco/Real Academia Galega. Con Xosé Ramón Pena. Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Cara unha poética feminista: homenaxe a María Xosé Queizán, 2011, Xerais. Con Camiño Noia Campos. Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.Libro electrónico. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea, Vicente Araguas, editor, 2018, Pigmalión.
Premios Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1981, por Ferida acústica de río. Premio Leliadoura no 1987, por O varredor en outono. Premio García Barros no 1989, por Paisaxe con muller e barco. VIII Premio Espiral Maior de Poesía no 1999, por Morte do fadista. Premio Aula de Poesía de Barcelona no 2000, por Refutación da musa. Premio da Crítica de poesía galega no 2001, por Refutación da musa. Premio Esquío de poesía no 2001, por Lámpada e medusa. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2005, por Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra. Premio de ensaio da AELG no 2007, por Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra. Premio da Crítica Galicia de Ensaio e Pensamento no 2010, por A mecánica da maxia.
Vídeo documental María Mariño: a flor das raparigas en sombra, 2007.María Mariño, a flor das raparigas en sombra Cólera (2007). Sobre o libro de María Xosé Queizán. "Parnaso", 2013.Parnaso, versión completa e definitiva Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín (2019). Repasa a vida e obra do escritor
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina persoal do autor Páxina do autor en Academia.edu Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega Blog do autor Perfil en As escollas electivas Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1958 Categoría:Premio Esquío Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio García Barros