Santa María de Tebra é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 813 habitantes (409 homes e 404 mulleres). Situada ó norte do concello de Tomiño, fai límite cos concellos de Gondomar e Tui. Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Patrimonio Situados no monte Tetón atópanse uns petróglifos. No lugar do Outeiro está situado o castelo de Tebra.

Festas e romarías As festas parroquiais teñen lugar entre o 6 e o 8 de setembro, na honra de Santa María.

A festa na honra da virxe de Grixó ten lugar o terceiro domingo de agosto, celebrándose unha romaría a carón da capela de Grixó. Conta a lenda que ó lado desta capela apareceu a imaxe da Virxe, polo que esta foi construída. A virxe só está na capela ese día en concreto, e o resto do ano altérnanse entre o lugar de Cristelos (Barrantes) e Santa María de Tebra para gardala na súa respectiva igrexa. A romaría comeza pola mañá cando se oficia unha misa en cada igrexa e de cada parroquia sae unha procesión cara ao monte de Grixó. A xente pasa alí o día e a romaría está amenizada por dous grupos, un para cada parroquia. Ó final do día a xente baixa nunha nova procesión e á Virxe lévana a parroquia a que lle corresponde ese ano.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Tebra

Parroquias de Tomiño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño

Categoría:Parroquias de Tomiño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María