Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
Usou o pseudónimo Cilistro.
Traxectoria Foi o sexto de oito fillos do notario Higinio Fernández de la Vega Pasarín, de Castroverde, e Ánxela Pardo Saavedra, de Friol. Con once anos de idade abandonou a súa vila natal para mudarse a Lugo coas súas irmás mais vellas e estudar o bacharelato. En 1930, para compracer os desexos do seu pai, comezou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e despois de catro anos foi rematala a Madrid. Alí coñeceu a Pío Baroja. Pouco despois de realizar os últimos exames foi mobilizado e combateu no bando nacional durante a Guerra civil española, pasando por Estremadura, Teruel e Asturias.
Rematado o conflito, comezou a preparar as oposicións a técnico da Administración, que gañou en 1940, e foi destinado ao Goberno Civil de Lugo. Alí foi asiduo de varios parladoiros con Luís Pimentel, Ánxel Fole, Antonio Figueroa, Luciano Penedo e Ramón Piñeiro. Foi un dos socios fundadores da Editorial Galaxia e colaborou en publicacións como El Progreso, La Noche, Grial ou Galicia Emigrante.
Fernández de la Vega tratou de pór en valor o que entendía como características fundamentais do ser galego: a saudade, o sentimento da paisaxe e o humorismo. Importantes obras súas que tratan estes temas son "Abrente e solpor da paisaxe" de 1958"Abrente e solpor da paisaxe", en VVAA (1958). Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. Vigo, Editorial Galaxia, pp. 103-128. e mais O segredo do humor. Foi autor de numerosos artigos xornalísticos. Formou parte da comisión do patrimonio histórico-monumental de Lugo e foi o encargado de escribir sobre Lugo na Gran Enciclopedia Galega. 200px|miniatura|O segredo do humor foi incluído na Biblioteca Galega 120. O humor, segundo a concepción do autor estaba entre medias do lado serio do cómico e o ridículo do serio. Para Fernández de la Vega o humorista máis relevante das literaturas hispánicas do século XX foi o nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao."Celestino Fernández de la Vega" na Biblioteca Virtual Galega.
Foi nomeado Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
No ano 1980 sufriu un infarto e entrou nun estado de forte aprehensión. Tras desaparecer do seu domicilio o 25 de marzo de 1986, o seu corpo foi achado no río Miño o día 15 de abril..
En 2024 Grial dedicoulle un especial no nº 244: "Repensar o humor de Fernández de la Vega".
Obra Ensaio O segredo do humor, 1963, Galaxia.Publicada traducida ao castelán, en Buenos Aires, en 1967. El enigma de Santa Eulalia de Boveda, 1970, Lugo. 200px|miniatura|El enigma de Santa Eulalia de Boveda, 1970. Ensaios a proba do tempo, 2009, Galaxia. Inclúe: (1951) "Cultura y comunicación", en Presencia de Galicia. Colección "Grial" 1. Galaxia. (1951) "Perfil gallego de Valle-Inclán", en Seara Nova (Lisboa) (1952) "Campanas de Bastabales", en 7 ensayos sobre Rosalía» (Galaxia) (1958) "Abrente e solpor da paisaxe", en Homaxe a Otero Pedrayo no seu LXX aniversario do seu nacemento (Galaxia) (1959) "Vida e poesía de Luís Pimentel" en Sombra do aire na herba (Galaxia) (1956) "Introdución a Da esencia da verdade" en Da esencia da verdade (Galaxia) (1963) "Braque, pintor de lo nunca visto", en Grial n.º 2. (1967) "Sobre la persona y la obra de García-Sabell", en Grial n.º 15. (1969) "Presencia de Rof Carballo" en El Progreso. (1988) "Heidegger e Nietzsche" en Luzes de Galiza n.º 12, pp. 35-38.
Traducións Do alemán ao galego Celestino Fernández de la Vega na Biblioteca da Tradución Galega. Cancioneiro da poesía céltica, de Julius Pokorny, con Ramón Piñeiro, 1951, Galaxia. Da esencia da verdade, de Martin Heidegger, con Ramón Piñeiro, 1956, Galaxia.Da esencia da verdade en Google Books. Do galego ao castelán Dos ensayos sobre la saudade, de Ramón Piñeiro, Buenos Aires: Ed. Alén-Mar, 1961. Do alemán ao castelán Traduciu, do alemán ao castelán, manuais de dereito administrativo que lle foron encargados polo Estado español. De Otto Nass, Reforma administrativa y ciencia de la administración, Madrid: Estudios Administrativos, 1964. De P. Neumann, La administración reguladora de la economía, Madrid: Estudios Administrativos, 1964. De E. Forsthoff, Sociedad industrial y Administración Pública, Madrid: Estudios Administrativos, 1967. De E. R. Hubber, Administración autónoma de la Economía, Madrid: Estudios Administrativos, 1967. De K. Behlert, Principios de organización, Madrid: Estudios Administrativos, 1967.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
VVAA. Revista Grial, numero 95, 1987 .
Outros artigos
Literatura galega do século XX María Teresa Fernández de la Vega Ligazóns externas Xenealoxía Cartas de Celestino Fernández de la Vega a Luís Seoane. Proxecto epístola. CCG.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Friol Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Suicidios en 1986 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Filósofos de Galicia