Ludwig Achim von Arnim, nado en Berlín en 1781 e finado en Schloss Wiepersdorf en 1831, foi un escritor alemán.
Traxectoria Procedente dunha familia da nobreza prusiana, estudou dereito e ciencias naturais en Halle. Entre 1801 e 1804 emprendeu unha viaxe de estudos por Europa e escribiu unha serie de artigos científicos relatando as súas impresións.
Pero o seu interese virou cara a literatura. Coas lecturas de Goethe e Herder aprendeu a apreciar as belezas das lendas e folclore alemán. Co seu amigo Clemens Brentano publicou unha colección de Volkslieder (cantos populares) en catro volumes entre 1806 e 1808. Nese ano tamén fundou o xornal romántico Zeitung für Einsiedler en Heidelberg. En 1809 instalouse en Berlín, onde colaborou co Berliner Abendblätter e fundou en 1811 a agrupación política Deutsche Tischgesellschaft
Obras Hollin's Liebeleben, 1802 Ariel's Offenbarungen, 1804 Des Knaben Wunderhorn ( 4 vol., con Clemens Brentano), 1806 e 1808 Tröst Einsamkeit, 1808 Der Wintergarten, 1809 Armut, Reichthum, Schuld und Buße der Gräfin Dolores, 1810 Halle und Jerusalem, 1811 Isabella von Ägypten. Kaiser Karl des Fünften erste Jugendliebe, 1812 Schaubühne), 1813 Die Kronenwächter. Bertholds erstes und zweites Leben, 1817 Der tolle Invalide auf dem Fort Ratonneau, 1818 Die Gleichen), 1819 Die Majoratsherren, 1819 Owen Tudor, 1820 Landhausleben, 1826
Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1781 Categoría:Finados en 1831