Arnobio de Sicca, morto contra o ano 330, foi un escritor latino-africano convertido ao cristianismo. Traxectoria Antes da súa conversión era un coñecido retórico en Sicca Veneria (El Kef, Tunisia). Tras un soño premonitorio converteuse ao cristianismo. Para convencer ao bispo da cidade da súa verdadeira conversión escribiu unha obra apoloxética en sete libros, Adversus Gentes, única obra súa que se conserva.

Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados en Tunisia Categoría:Finados no século IV