miniatura|dereita|Escultura de Hans Arp en Caracas.

Jean Arp, coñecido tamén como Hans Arp, nado en Estrasburgo en 1886 e finado en Basilea en 1966, foi un pintor, escultor e poeta francés dadaísta e logo surrealista.

Traxectoria Chamado Hans ao nacer, despois do retorno de Alsacia a Francia despois da primeira guerra mundial, a lei francesa obrigou a que o seu nome mudase a Jean. Foi un dos fundadores do movemento Dada en Zürich en 1916. E en 1925 o seu traballo aparece na primeira exhibición do grupo surrealista na Galería Pierre de París.

Arp combina as técnicas do automatismo e as oníricas desenvolvendo unha iconografía de formas orgánicas, denominada escultura biomórfica, no que se trata de representar o orgánico como principio formativo da realidade.

Categoría:Pintores de Francia Categoría:Escultores de Francia Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Nados en Estrasburgo Categoría:Poetas en lingua francesa Categoría:Escultores do século XX Categoría:Alumnos da Académie Julian