miniatura|300px|En distintas cores, varias extensións do Tíbet.
O Tíbet (བོད་ Bodo en tibetano e Xizang 西藏 en chinés) é unha rexión xeográfica de Asia, que designa tres entidades distintas:
Rexión Autónoma do Tíbet (西藏自治区 Xīzàng zìzhìqū (Pinyin) བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས་ Bod Rang Skyong Lbyongs) que é unha rexión administrativa da China cun estatuto particular, coma o Xinjiang ou a Mongolia Interior; a meseta do Tíbet, zona xeográfica situada ao norte do Himalaia, coñecida como «teito do mundo», formada de altas mesetas desérticas dominadas por potentes cadeas de oeste e (Kouen-louen, Trans-Himalaia); a zona de poboamento Tibetano, correspondente cunha area lingüística onde o tibetano é a lingua maioritariamente utilizada, así como unha área cultural cunha especificidade marcada, cunha relixión común: o lamaísmo, variante do budismo.
O nome occidental Tibet, vén do nome mongol Töbüt; non está ligado ao nome tibetano bode. En chinés, o nome antigo do Tíbet é Tufan 吐蕃 (incorrectamente pronunciado Tubo por moitos chineses), mais o nome actual da rexión Xizang 西藏 significa literalmente gTsang occidental, facendo referencia a esta rexión do Tíbet.
Historia esquerda|200px|miniatura|Templo tibetano. Antigo reino dos confíns e das montañas nevadas (himals, en nepalés), inaccesíbel e estratéxica entre o mundo chinés e o mundo indio, o Tíbet ten coñecido unha historia movida, interrompida por longos períodos de illamento.
No séc. VII unha monarquía estabeleceuse sobre o territorio do Tíbet actual, marcando o nacemento do Tíbet como entidade política unificada. A administración instálase en Lhasa. Desenvólvese unha escritura, inspirada no alfabeto indio devanagarî. No 670, os tibetanos conquistan Tarim.
O budismo, introducido no Tíbet no 747, convertese en relixión de Estado á fin do séc. VIII en concorrencia co bon-po, unha crenza tradicional fundada sobre a idea da transmigración das ánimas. Desenvólvense os mosteiros Budistas e forman a base do réxime feudal. Mais as disensións ao seo do clero facilitan a penetración dos mongois, quen, xa donos dunha parte da China, obteñen a soberanía sobre o Tíbet no séc. XII. A seita dos Bonetes amarelos medra en influencia. No seu seo xorde o Dalai-lama, xefe relixioso e temporal do país.miniatura|Mapa do Tíbet histórico.En 1720, o Tíbet convértese en estado vasalo dos emperadores da dinastía manchú das Qing. En 1904, unha expedición militar conducida por lord Curzon chega a Lhasa. A Gran Bretaña atribúese privilexios comerciais no Tíbet, que serán recoñecidos dous anos máis tarde polo emperador en contrapartida do mantemento da súa soberanía sobre o país. En 1908, os Británicos retíranse. En 1910, o Dalai-lama é destituído polos chineses, xusto antes da queda do imperio no 1911. Atopa refuxio na India, antes de volver para Lhasa en 1912. En 1924, o Panchen-lama, quen conservara o seu poder no Tíbet oriental, é obrigado a se refuxiar en Nankin. En 1929, a China acepta recoñecer a autoridade do Dalai-lama, mais obtén certas vantaxes en troques.
En 1949, a Exército Popular de Liberación invade o Tíbet que se converte nunha provincia da China, oficialmente gobernada polo Dalai-lama e o Panchen-lama. O poder central chinés ocúpase da defensa, dos asuntos estranxeiros, das finanzas e da educación.
No 1958 os autonomistas tibetanos opóñense ao poder central, o Dalai Lama refúxiase na India con 100 000 fieis e forma un goberno no exilio en 1959. No Tíbet, o Panchen-lama dirixiu o goberno, antes de ser destituído en 1965.
Os chineses impoñen no 1961 a colectivización da economía tibetana. En 1966, a Revolución Cultural tradúcese en represión anti-budista e de numerosos vestixios do pasado e da influencia relixiosa sobre os tibetanos son destruídos polos Gardas Vermellos.
Relacións entre a República Popular da China e os Tibetanos Os tibetanos no exilio e os que están no seu país, ou que voltan da India e do Nepal, quéixanse a miúdo dunha perda da cultura propia e do feito que de numerosos chineses han, a etnia maioritario da China, veñen a se instalar dentro do seu país.
Xeografía Esténdese de leste a oeste sobre unha distancia de aproximadamente 2400 km, e do norte ao sur sobre aproximadamente 1000 km, a meseta do Tíbet sitúase entre as lonxitudes 78°24' e 104°47' e as latitudes 26°2' e 40°3' norte na cerna do continente asiático. É un país xigantesco de aproximadamente 2,5 millóns de km² cunha altitude media de 4200 metros.
División administrativa Conta cunha prefectura de nivel de cidade: Lhasa e seis prefecturas. Mapa # Nome Hanzi Hanyu Pinyin Lingua tibetana Wylie Tipo250px1Ngari阿里地区Ālǐ Dìqūམངའ་རིས་ས་ཁུལ་Mnga'-ris Sa-khul Prefectura2Nagqu那曲地区Nàqū Dìqūནག་ཆུ་ས་ཁུལ་Nag-chu Sa-khul Prefectura3Qamdo昌都地区Chāngdū Dìqūཆབ་མདོ་ས་ཁུལ་Chab-mdo Sa-khul Prefectura4Xigazê日喀则地区Rìkāzé Dìqūགཞིས་ཀ་རྩེ་ས་ཁུལ་Gzhis-ka-rtse Sa-khul Prefectura5Lhasa拉萨市Lāsà Shìལྷ་ས་གྲོང་ཁྱེར་Lha-sa Grong-khyer Cidade con nivel de prefectura6Shannan山南地区Shānnán Dìqūལྷོ་ཁ་ས་ཁུལ་Lho-kha Sa-khul Prefectura7Nyingchi林芝地区Línzhī Dìqūཉིང་ཁྲི་ས་ཁུལ་Nying-khri Sa-khulPrefectura
Extensión xeográfica A superficie do Tíbet varía segundo a acepción do termo de 1.221.600 km², pola rexión administrativa, a 2.500.000 km², o Tíbet histórico. Cóntanse 6 millóns de tibetanos dos mais de 7,5 millóns de chineses de implantación recente. A capital histórica é Lhasa, centro que tradicionalmente concentra a autoridade relixiosa e temporal do Tíbet.miniatura|Rapaces monxes budistas.
Antes da súa unión á República Popular da China no 1949, o Tíbet estaba gobernado por un Dalai Lama (xefe relixioso con poder secular) e estaba composto de tres rexións:
dBus-Tsang (pronunciado [utsaŋ] en tibetano central), en chinés «Wei-Zang 卫藏», corresponde á rexión administrativa autónoma. Amdo, en chinés Anduo 安多 ao norte, facendo parte hoxe en día da provincia chinesa do Qinghai do Gansido e do norte do Sichuan (distrito de rNga-ba 阿坝). Khams, en chinés Kang 康, ao sueste facendo parte hoxe en día da rexión autónoma e de dúas provincias chinesas: o Yunnan e o Sichuan (distrito de dKar-mdzes 甘孜).
O Tíbet como area de poboamento dos tibetanos posúe fronteiras comúns co Turquestán Oriental, Mongolia, a China, Birmania, a India, Bután, e mailo Nepal.
Os tibetanos falan tibetano, unha lingua da familia tíbeto-birmana, e comparten unha relixión Budista, o lamaísmo, presente desde o século VIII e maioritario desde o século XI.
Clima A gran cobertura de vexetación inflúe tamén na terra e nas temperaturas atmosféricas que participan na regulación do monzón. A deforestación a tan grande escala entraña serias preocupacións entre os climatoloxistas, que coidan que o clima mundial pode quedar perigosamente desestabilizado. Ecosistemas, flora e fauna miniatura|Iacs decorados e honrados polas familias ás que pertencen. O Tíbet contén unha gran diversidade de hábitats, unha fauna e unha biodiversidade con interese de conservación. É unha rexións climática que ten altas estepa glaciares, desertos de altas mesetas, bosques tropicais e prados alpinos. O Tíbet é a fonte dos ríos máis grandes de Asia, como o Mekong, o Brahmaputra, o Yang-tse-kiang. Son alimentados por unha precipitación media de 100 m no norte do país ata máis de 1000 m no sueste.
Economía A economía do Tíbet é pouco desenvolta. As principais actividades son a crianza de ovellas, cabras e do iacs, o cultivo de cereais (dentro dos vales do Sur e do Sueste) e a explotación do bosque (no Sur). O turismo é posíbel hoxe en día e, aínda que limitado, representa unha parte importante da economía. Recursos sobreexplotados Cos seus numerosos recursos naturais, o Tíbet sofre as consecuencias dunha explotación comercial intensiva. O Tíbet e rico en minerais, ten reservas considerábeis de ouro, petróleo, gas natural, bauxita, cobre, estaño e litio, que son ás veces extraídos sen consideración polo medio. O resultado diso reflíctese nos niveis alarmantes de contaminación que afectan a hidrografía, a atmosfera e os solos. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dalai Lama Historia da moeda do Tíbet Ligazóns externas Sitio web do goberno tibetano no exilio. (en inglés).
Categoría:Tíbet