Saud bin Abdul Al-Aziz (en árabe سعود بن عبد العزيز, tamén chamado Saud bin Abdul Aziz), nado o 12 de xaneiro de 1902 e finado en Atenas o 23 de febreiro de 1969, foi o segundo rei de Arabia Saudita.
Traxectoria Primoxénito de Ibn Saud, converteuse en príncipe herdeiro o 11 de maio de 1933 e subiu ó trono trala morte do seu pai en 1953. Durante o seu reinado estableceu numerosos ministerios gobernamentais e tamén foi o responsábel da fundación da Universidade Rei Saud en Riyadh.
O seu reinado estivo marcado polo descontento da súa propia familia. Coma o seu pai, tivo máis de 30 fillos e quixo conceder poder ós seus fillos, colocándoos en altos cargos gobernamentais. Isto molestou ós seus irmáns, que pensaban que os fillos de Saud tiñan moi pouca experiencia, e comezaron a temer que Saud seleccionase ó seu primoxénito coma o seu sucesor. Tamén foi coñecido pola súa tendencia ó despilfarro e polos seus erros diplomáticos, coma un suposto complot para asasinar a Gamal Abdel Nasser, presidente de Exipto. Todo isto, unido á súa afección pola bebida (algo prohíbido polo islam) contribuíu á súa caída.
Foi deposto en 1964 por un golpe familiar, co apoio da ulema, e substituído polo seu medio irmán Faysal. Saud exiliouse en Xenebra, Suíza. En 1966 foi invitado a vivir en Exipto polo presidente Nasser.
Precedido por: Abdul Aziz Al-Saud Reis de Arabia Saudita e Líderes da Casa de Saud Sucedido por: Faysal bin Abdelaziz Al Saud
Véxase tamén Outros artigos Arabia Saudita Lista de Reis de Arabia Saudita
Categoría:Reis de Arabia Saudita Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados en 1902 Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil Categoría:Nados en Kuwait