miniatura Raymond Aron, nado en París en 1905 e finado en 1983, foi un filósofo e xornalista francés.
Traxectoria Fillo dun avogado xudeu, en 1930, Aron doutorouse en filosofía da historia. Ao comezar a segunda guerra mundial deixa o seu posto de profesor na Universidade de Tolosa e entra na forza aérea, despois da rendición de Francia, marcha a Londres para se unir ás forzas da Francia Libre, entre 1940 e 1944 editou o seu xornal France Libre. Despois da guerra volveu a Francia para ensinar socioloxía na École Nationale d'Administration. Entre 1955 e 1968 ensinou na Sorbona, e logo de 1970 no Collège de France. Como xornalista dende 1947 escribe artigos en Le Figaro e dende 1977 en l'Express escribe unha columna sobre a situación política ata a súa morte.
En 1983 foi galardoado co Premio Erasmus.
Obra L'Opium des intellectuels (1955) Essai sur les libertés (1965) Démocratie et totalitarisme (1965) Trois essais sur l'âge industriel (1966) Étapes de la pensée sociologique (1967) Penser la guerre, Clausewitz (1976)
Notas
Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Sociólogos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Profesores da Universidade de Tolosa Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Premio Erasmus