Miguel Anxo Elías Fernández Bello, máis coñecido como Miguel Anxo Fernán Vello, nado en Cospeito o 8 de outubro de 1958, é un escritor, editor e político galego.

Traxectoria profesional Realizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña, de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Pen Clube de Galicia. Fundou a editorial Espiral Maior en 1991 e foi un dos fundadores das revistas Cen augas e Agália. Deuse a coñecer ao ser premiado no VIIº Concurso Modesto R. Figueiredo co relato "Anti-memória dun dia". No ano 2001 estreouse, por encargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, a súa cantata Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz.

Traxectoria política Militante do Bloque Nacionalista Galego desde os anos 80, deuse de baixa na primavera de 2008 e máis tarde pasaría a militar en Anova, partido constituído en 2012.

Nas Eleccións xerais de España de 2015 e nas Eleccións xerais de España de 2016 foi cabeza de lista pola provincia de Lugo da candidatura En Marea, na que se integrou Anova. Saíu elixido deputado e foi Secretario Primeiro da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados. Tras a ruptura de En Marea e o nacemento de En Común-Unidas Podemos, non concorreu ás eleccións xerais de España de abril de 2019. Foi cabeza de lista por Lugo de Galicia en Común-Anova Mareas nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Vida persoal

É irmán do comunicador, empresario e político Fidel Fernán.

Estivo casado con Elizabeth Núñez Rama.

Obra miniatura|Miguel Anxo Fernán-Vello. Poesía Do desexo en corpo e sombra, 1984, Concello de Vigo. Seivas de amor e tránsito, 1984, Trieste (2ª edición en 1985, Algalia). Livro das paisaxes vivas, 1985, Sotelo Blanco. Traducido ao catalán como Llibre dels paisatges vius, Pagés Editors, Lleida, 1995, por Ramon Dachs. Memorial de brancura, 1985, Sociedad de Cultura Valle-Inclán (reeditado en 1992 en Espiral Maior). Entre água e fogo (Cantos da terra posuída), 1987, Sotelo Blanco. Trópico de luas, 1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego. Poemas da lenta nudez, 1994, Espiral Maior (2ª edición aumentada en 1997 na mesma editora). As certezas do clima, 1996, Galaxia. Traducido ao francés (en edición bilingüe) como Les Certitudes du climat, Espiral maior, Col. Auliga, 2005, por François Davó e ao italiano como Le certezze del clima, Levante, Col. Il quaderni di Abanico, 2006, por Emilio Coco. Poemas, 1999, Universitat de les Illes Balears. Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega. Capital do corpo, 2004, Deputación da Coruña. Territorio da desaparición, 2004, Galaxia. Publicado en castelán (en edición bilingüe) como Territorio de la desaparición no 2011, en Huerga & Fierro. Dicionario do estremecemento, 2007, Espiral Maior. Antologia Poetica, organización de Manuele Masini e Teresa Seara, tradución ó italiano de Manuele Masini. Pisa, editorial ETS: 2008. Astro interior. Escolma poética 1984-2007, 2008, PEN Clube de Galicia/Editorial Danú. Habitación do asombro, 2013, Espiral Maior. Tradución ao castelán como Habitación del asombro, 2014, Pigmalión. Duración da penumbra, 2016, PEN Clube de Galicia/Abanca/Xunta de Galicia.

Teatro A casa dos afogados, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega (edición de 1990 en Sotelo Blanco). A tertulia das máscaras, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega. A estraña señorita Lou, 1982, Cadernos da Escola Dramática Galega. Auto insólito do autor, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega. Cuarteto para unha noite de verao, 1988, Sotelo Blanco.

Edicións Antoloxía poética, de Manuel María, 1993, Espiral Maior.

Obras colectivas miniatura|Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. A Gran Novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, 1982, Ediciós do Castro. Narrativa. IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado. De amor e desamor. I, 1984, Ediciós do Castro. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado. De amor e desamor. II, 1985, Ediciós do Castro. Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco. Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo. X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1990, S. C. D. Condado. 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990. Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro. Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán. XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado. XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado. Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez. Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro. Construír a paz, 1996, Xerais. Poetas con Rosalía, 1996, Fundación Rosalía de Castro. Alguén agarda que volva alí, 1998. Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega. XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer..., 2003, S. C. D. Condado. Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña. Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Poética da casa, 2006, Xunta de Galicia. Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña. Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior. De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.

Libros de conversas Conversas en Compostela con Carballo Calero, 1986, Sotelo Blanco (con Francisco Pillado Maior). A nación incesante. Conversas con Xosé Manuel Beiras, 1989, Sotelo Blanco (con Francisco Pillado Maior). Carballo Calero, 1992 (con Francisco Pillado Mayor), Biblioteca 114, El Correo Gallego. A estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras, 2004, Espiral Maior-Laiovento.

Tradución O Castelo de San Antón, de José Ramón Soraluce Blond, 1984. Yerma, de Federico García Lorca, 1990, Xerais.

Premios Premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1981, por Meditación na soedade. VII Premio Modesto R. Figueiredo no 1981, co relato Anti-memória dun dia. Concurso de teatro breve do Facho no 1981, por A tertúlia das máscaras. Concurso de teatro breve do Facho no 1982, por A estraña señorita Lou. Premio de poesía Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1983, por Do desexo en corpo e sombra. Premio da Crítica española no 1985, por Seivas de amor e tránsito. Premio Esquío de poesía en 1985, por Memorial de brancura. Gañador do Concurso de Teatro Breve do Facho no 1985, por Auto insólito do autor. Premio de poesía Martín Codax no 1996, por As certezas do clima. Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (2003) no Concello da Estrada Premio de poesía Miguel González Garcés no 2004, por Capital do corpo. Premio da Crítica española no 2004, por Territorio da desaparición. Premio de Poesía Cidade de Ourense no 2012, por Habitación do asombro. Premio de poesía Afundación no 2015, por Duración da penumbra. Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2020. XXXV Premio de poesía Conrado Blanco de León polo poema "María Casares regresa en tren a Madrid o 19 de xullo de 1976". 2025: Sexto Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán por A porta da casa que se abre.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Biblioteca Virtual Galega Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Premio Esquío Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Nados en 1958 Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por En Marea Categoría:Editores de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo