San Martiño e San Campio de Figueiró é unha parroquia do concello pontevedrés de Tomiño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 478 habitantes (235 homes e 243 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Descrición Está a cinco quilómetros da capital do concello. Situada nas abas da serra de Argallo, a regan as augas do río Miño e varios regatos. A vía de comunicación principal é a estrada PO-552 (Vigo - Tui).
Localizáronse restos prehistóricos de cultura paleolítica e castrexa.
Da parroquia é natural o pintor Mario Rodríguez Gómez (1931-).Artigo na EGU.
Patrimonio miniatura|Santa Arquelaida na ábsida. miniatura|275px|Trala igrexa.
O Santuario de San Campio de Figueiró é o templo parroquial, amais de lugar de peregrinación.
Cruceiro de San Martiño, feito en 1875 por Xosé Antón Araújo Ramallosa, mestre de cantería natural de Vila Nova de Cerveira. Peto de Ánimas da Virxe do CarmeFicha do peto en TurGalicia. e Peto de Ánimas de Lago.Ficha do peto en TurGalicia
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Figueiró
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén Bibliografía Portela Trigo, José Luis. El crucero y la plaza de San Martín Telleiro e San Campio de lonxe: su vida e historia en Figueiró, 1983. Figueiró na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, en DVD, 2005.
Outros artigos Lugares de Tomiño Ligazóns externas Parroquia de San Martiño e San Campio de Figueiró, Diocese de Tui-Vigo. Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España ..., 1847 .
Categoría:Parroquias de Tomiño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Campio