Gaspar Cassadó i Moreu, nado en Barcelona o 5 de outubro de 1897Rexistro Civil de Barcelona, ano 1897, número de rexistro 6684. e finado en Madrid o 24 de decembro de 1966, foi un importante violonchelista e compositor catalán de principios do século XX. Como concertista acadou renome internacional, sendo considerado un dos virtuosos máis destacados do seu tempo.Gaspar Cassadó i Moreu na Gran Enciclopèdia Catalana
Traxectoria Gaspar Cassadó i Moreu naceu en Barcelona, terceiro dos cinco fillos do compositor, organista e director Joaquím Cassadó e de Agustina Moreu, seus irmáns chamábanse Agustí, David, Montserrat e Josep.Joaquim Cassadó na Biblioteca de Catalunya Comezou a recibir clases de violoncello aos sete anos. Cando tiña nove anos, tocou nun recital no que se atopaba Pau Casals, quen se ofreceu a darlle clases inmediatamente. A cidade de Barcelona concedeulle unha bolsa de estudos para que puidera estudar con Casals en París. Foi profesor da Accademia Musicale Chigiana de Siena, e dende 1958 ocupou a cátedra de perfeccionamento da Staatliche Hochschule für Musik de Colonia.
Obra Concertos Concerto para violonchelo en dó menor (1926) Esta obra, ao igual que a Suite para Cello Só, está influenciada pola música popular española e oriental, e polo Impresionismo.
Obras para violonchelo só Suite para Cello Só Fugue in the Style of Handel
Obras para guitarra Canción de Leonardo Catalanesca Dos Cantos Populares Finlandeses Leyenda Catalana Préambulo y Sardana Sardana Chigiana
Obras para violoncello e piano Allegretto Grazioso Minuetto Pastorale Rapsodia del Sur 1925, La Pendule, la Fileuse et le Galant 1925, Serenade 1925, Sonata en La menor 1925, Sonata nello stile antico spagnuolo 1925, Toccata 1926, Danse du diable vert 1931, Lamento de Boabdil 1934, Requiebros 1935, Partita 1954, Archares 1957, Morgenlied
Música de cámara Piano Trio en do maior 1926/1929 Quartet No. 1 in fa menor 1929 Quartet No. 2 in sol maior 1930 Quartet No. 3 in dó menor 1933
Transcricións Transcricións para violoncello e piano Isaac Albéniz: Cádiz (Serenata española) Malagueña Op. 165, n.º 3 Martin Berteau - Studio Luigi Boccherini - Minuetto Alexander Borodin - Serenata alla spagnola Jean-Baptiste Breval - Sonata en sol mayor Frédéric Chopin - Minute Waltz, Op. 64 n.º 1 Constantino de Crescenzo - Prima Carezza Claude Debussy: Clair de Lune Golliwog's cakewalk Minstrels Antonín Dvořák - Sonatina en sol mayor Op. 100 Gabriel Fauré - Nocturne n.º 4 Enrique Granados - Intermezzo (da opera Goyescas) Ernesto Halffter - Canzone e Pastorella Blas de Laserna - Tonadilla Franz Liszt - Liebestraum Notturno Nr.3 Benedetto Marcello: Sonata n.º 1 en do mayor Sonata n.º 4 en la menor Federico Mompou - Chanson et Danse Wolfgang Amadeus Mozart Rondo Alla Turca Serenata de Don Giovanni [Deh vieni alla finestra] Sonata K.358 Georg Muffat - Arioso Ignacy Jan Paderewski - Menuett Manuel María Ponce - Estrellita Johann Strauss II - An der schönen blauen Donau Federico Moreno Torroba - Fandanguillo
Transcricións de concertos Concerto para violoncello en fa maior, baseado co «Concerto n.º 3 en la maior, Wq.172» de Carl Philipp Emanuel Bach Concerto para violoncello en re maior, baseado no «Concerto para trompa n.º 3 en mi bemol maior, K.447» de Wolfgang Amadeus Mozart Concerto para violoncello en la menor, baseado na «Sonata para arpeggione e piano, D.821» de Franz Schubert 1940, Concerto para violoncello en mi maior, baseado nas «Pezas para piano, Op.72» de Piotr Ilich Tchaikovski Concerto para violoncello en re maior, baseado no «Concerto para clarinete n.º 2, en mi bemol maior, Op.74» de Carl Maria von Weber Concerto para violoncello en mi menor, baseado na «Sonata n.º 5, RV.40» de Antonio Vivaldi
Transcricións para violoncello só J.S. Bach - Suite para violoncello no.4, BWV 1010 Cassadó transportou a suite en fa maior que orixinalmente é en mi bemol maior. Frederick Chopin - Etude op.25 no.1 George Frideric Handel - The Harmonious Blacksmith (das suites para Harpsicordio Vol.1 No.5 "Air and Variations")
Notas
Categoría:Compositores de Cataluña Categoría:Violonchelistas de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1966