Stjepan "Stevo" Filipović (alfabeto cirílico: Стјепан "Стево" Филиповић), nado o 27 de xaneiro de 1916 e asasinado o 22 de maio de 1942, foi un partisano iugoslavo que foi executado durante a segunda guerra mundial e postumamente declarado Heroe Popular de Iugoslavia.

Traxectoria dereita|miniatura|200px|Monumento na honra de Filipović, en Valjevo. Filipović naceu o 27 de xaneiro de 1916 en Opuzen (na actualidade parte de Croacia), nos derradeiros días do Imperio Austrohúngaro. Antes do comezo da segunda guerra mundial viviu en Mostar e Kragujevac, ámbalas dúas parte do Reino de Iugoslavia. Uniuse ó movemento obreiro en 1937, e ó Partido Comunista de Iugoslavia en 1940. Filipović foi arrestado en 1939 e sentenciado a un ano de prisión.

Filipović foi comandante da unidade partisana Tomnasko-Kolubarski en Valjevo no ano 1941. Foi capturado o 24 de febreiro de 1942 polas forzas do eixo e posteriormente aforcado en Valjevo (na Iugoslavia ocupada) o 22 de maio de 1942. Cando lle colgaron a soga ó redor do pescozo, Filipović ergueu os brazos e berrou "Morte ó fascismo, liberdade para a xente!", instando ó pobo iugoslavo a non deixar de amosar resistencia. Nese intre tomouse a coñecida fotografíaA imaxe de Filipović, intres antes de que un nazi dera unha patada á banqueta., na cal se baseou a escultura na súa honra, na cidade de ValjevoSinclair, Upton; Sagarin, Edward; Teichnerhe, Albert; Cry for Justice: An Anthology of the Literature of Social Protest, p. 438; L. Stuart, 1963..

Filipović foi declarado Heroe Popular de Iugoslavia o 14 de Nadal de 1949Burns, Richard; The Blue Butterfly: Selected Writings, p. 144; Salt, 2006, ISBN 1-84471-258-3..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Filipović Avrama Stjepan, Narodni heroji Jugoslavije (en serbo-croata).

Categoría:Personalidades de Iugoslavia Categoría:Nados en 1916 Categoría:Asasinados polo réxime nazi Categoría:Aforcados Categoría:Executados Categoría:Nados en Croacia