miniatura|Aos Irmáns Pinzón en Palos de la Frontera. Os irmáns Pinzón, que foron Martín Alonso, Vicente Yáñez e Francisco Martín, foron tres destacados mariños españois, membros da familia Pinzón, naturais de Palos de la Frontera, na provincia de Huelva, quen viviron de finais do século XV e comezos do XVI, e que participaron activamente na primeira viaxe de Cristovo Colón, que tivo como resultado o descubrimento de América, amais de noutras viaxes de descubertas e exploración.

Martín Alonso e Vicente Yáñez, capitáns das carabelas La Pinta e La Niña, respectivamente, son os irmáns mais coñecidos, pero hai un terceiro, menos popular, que fora a bordo da carabela La Pinta como maestre: Francisco Martín. Martín Alonso foi o home grazas ao cal conseguiuse que a mariñeiría da zona do Tinto-Odiel animarase a participar na empresa colombiana.ORTEGA, Ángel. Tomo III, págs. 37-110. Así mesmo apoiou economicamente o proxecto aportando cartos da súa facenda persoal. Francisco, o maestre de La Pinta, parece que, ademais de na primeira viaxe, participou tamén na terceira e cuarta das viaxes colombianas, pero, por ser seu nome moi común, seus datos biográficos confúndense con outros homónimos da súa época.ORTEGA, Ángel. Tomo III, págs. 135-137.GOULD, Alice B. Pág. 132 y siguientes. Por último, Vicente Yáñez, o menor dos tres irmáns, ademais de participar no primeiro viaxe de Colón,ORTEGA, Ángel. Tomo III, págs. 111-112. unha vez finado o monopolio colombiano, realizou outros viaxes de descubrimento pola súa conta, entre os que cabe destacar o descubrimento do Brasil.

A participación dos Pinzón foi crucial para a empresa descubridora, xa que ninguén estivo disposto a enrolarse con Colón ata que o maior dos irmáns, Martín Alonso, rico e afamado armador da zona, deu seu apoio á empresa española.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vicente Yáñez Pinzón en Biografías y Vidas . Irmáns Pinzón, Enciclopedia GER .

Categoría:Exploradores Categoría:Personalidades de Andalucía Categoría:Descubrimento das Américas