María é un atol situado no extremo sur das Tuamotu, a 163 km ao noroeste de Mangareva. Tamén se denomina Maria Leste para distinguilo dos illotes María, nas illas Austrais. Administrativamente depende da comuna de Gambier.
Xeografía
É un atol pequeno cunha lagoa pechada de 7 km². A superficie terrestre é de 3 km², cheo de cocos e árbores do pan. Está deshabitado e é visitado ocasionalmente polas plantacións de cocos.
Historia
O nome é de orixe polinesio sen ningunha relación coa Virxe María. Foi descuberto en 1832 por Thomas Brill, do Amphitrite. En 1837, o capitán Wright, do Medway, chamouno Wright Lagoon. Tamén se coñeceu como Moerenhout.
Categoría:Atois de Tuamotu