O United Rugby Championship (URC) é un torneo anual de rugby no que compiten equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. O United Rugby Championship é unha das principais tres ligas europeas de rugby xunto á Premiership inglesa e o Top 14 francés. Os mellores equipos da liga compiten na Copa de Campións Europea de Rugby, unha competición continental que substituíu a Copa Heineken desde a temporada 2013−14.

A competición foi fundada en 1999 coa creación da Liga Galeso-Escocesa, a cal pasou a ser coñecida como "Celtic League" ao incorporar tamén equipos irlandeses. Entre as temporadas 2006−07 e 2010−11, a liga estivo patrocinado pola elaboradora de sidra Magners. Esa mesma temporada 2010−11 incorporáronse dous equipos italianos, aumentando a liga de 10 a 12 equipos. Para reflictir que a liga incluía xa equipos de fóra das nacións celtas, a competición adoptou o nome de Pro12. En canto aos patrocinadores, entre 2011−12 e 2013−14 foi RaboDirect, e posteriormente Guinness. Na temporada 2017−18 a competición incorporou dous novos equipos equipos, esta vez surafricanos, aos que se uniron dous máis en 2021.

Formato O United Rugby Championship xógase entre os meses de setembro e maio, estando os equipos divididos en catro grupos de catro equipos cada un. Un dos grupos está formado polos equipos escoceses, outro polos galeses, outro polos surafricanos e, por último, un grupo formado por dous equipos escoceses e dous italianos. A pesar de estaren divididos en grupos, os equipos ordenanse nunha única táboa de clasificación. Os equipos xogan dúas veces contra cada un dos outros do seu grupo (local e visitante) e unha contra cada equipo dos outros grupos (xa sexa en casa ou fóra). Isto asegura que os equipos de Gales, Irlanda, e Suráfrica xogan entre si seis partidos de derby. Para Italia e Escocia, os seus respectivos clubs xogan contra os equipos do seu propio país tan só dúas veces. Isto crea unha temporada regular de 18 partidos antes dos play-offs. A clasificación elabórase utilizando o sistema de puntuación de bonus do rugby, de forma que cada equipo recibe 4 puntos por vitora e 2 por empate. A maiores os equipos poden recibir puntos extra se conseguen anotar catro ou máis ensaios ou se perden por menos de sete puntos.

Os play-offs están compostos polos oito mellores equipos da competición a partido único. Desta forma enfróntanse o primeiro contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, o terceiro contra o sexto e o cuarto contra o quinto. En cuartos de final e semifinais a vantaxe de campo é para o equipo peor clasificado. Por outra banda, a final dispútase nunha sede predeterminada. En canto á participación en competicións europeas, os equipos surafricanos tamén poden clasficarse. Así, clasifícanse para a Copa de Campións os gañadores de cada un dos catro grupos, os cales tamén reciben un trofeo. Ademais, outras catro prazas son outorgadas aos seguintes catro equipos mellor clasificados na táboa de clasficiación global.

Historia do formato PeríodoPatrocinadorNomeNº de equiposPaísesNingúnCeltic League15Escocia, Gales, Irlanda2002–2003162003–2004122004–2006112006–2007MagnersMagners League2007–2010102010–201112Escocia, Gales, Irlanda, Italia2011–2014RaboDirectRaboDirect Pro122014–2017GuinnessGuinness Pro122017–2020Guinness PRO1414Escocia, Gales, Irlanda, Italia, Suráfrica2020–202112Irlanda, Italia, Escocia, Gales2021Guinness PRO14 Rainbow Cup16Escocia, Gales, Irlanda, Italia, Suráfrica2021–VodacomUnited Rugby Championship

Equipos Club Fundación Incorporación Sede Estadio Capacidade Títulos (último) Benetton19322010Treviso, ItaliaStadio Comunale di Monigo6 7000 Bulls19972021Pretoria, SuráfricaLoftus Versfeld Stadium51 7620 Cardiff18762003Cardiff, GalesCardiff Arms Park12 1250 Connacht18852001Galway, IrlandaGalway Sportsgrounds8 1001 (2016)20032003Newport, GalesRodney Parade8 7000 18722001Edimburgo, EscociaEdinburgh Rugby StadiumMurrayfield Stadium7 80067 1440 Glasgow Warriors 18722001Glasgow, EscociaScotstoun7 3511 (2015) Leinster18792001Dublín, IrlandaAviva StadiumRDS Arena51 70018 5008 (2021) Lions19962021Xohanesburgo, SuráfricaEllis Park Stadium62 5670 Munster18792001Cork, IrlandaLimerick, IrlandaMusgrave ParkThomond Park8 00825 6003 (2011) Ospreys20032003Swansea, GalesSwansea.com Stadium20 8274 (2012) 18752003Llanelli, GalesParc y Scarlets14 8702 (2017) Sharks19952021Durban, SuráfricaKings Park Stadium52 0000 Stormers19972021Cidade do Cabo, SuráfricaCape Town Stadium55 0000 Ulster 18792001Belfast, IrlandaRavenhill Stadium18 1961 (2006) Zebre Parma 19732012Parma, ItaliaStadio Sergio Lanfranchi5 0000

Equipos anteriores EquiposAnosSedeEstadio (capacidade) Aironi2010–12Viadana, ItaliaStadio Luigi Zaffanella (6 000) Border Reivers2002–07Galashiels, EscociaNetherdale (6 000) Bridgend2001–03Bridgend, GalesBrewery Field (6 000) Caerphilly2001–03Caerphilly, GalesVirginia Park (5 000) Cardiff2001–03Cardiff, GalesCardiff Arms Park (12 500) Celtic Warriors2003–04Bridgend, GalesPontypridd, GalesBrewery Field (12 000)Sardis Road (8 000) Cheetahs2017–20Bloemfontein, SuráfricaFree State Stadium (48 000) Ebbw Vale2001–03Ebbw Vale, GalesEugene Cross Park (8 000) Llanelli2001–03Llanelli, GalesStradey Park (10 800) Neath2001–03Neath, GalesThe Gnoll (6 000) Newport2001–03Newport, GalesRodney Parade (11 676) Pontypridd2001–03Pontypridd, GalesSardis Road (7 861) Southern Kings2017–20Porto Elizabeth, SuráfricaNelson Mandela Bay (48 459) Swansea2001–03Swansea, GalesSt Helen's (4 500)

Palmarés Por ano

Liga Negra = Dobre título de competición doméstica e europea AnoEquiposCampiónSubcampión2001–02 15 Leinster (1) Munster (1)2002–03 16 Munster (1) Neath (1)2003–04 12 Llanelli Scarlets (1) Ulster (1)2004–05 11 Ospreys (1) Munster (2)2005–06 11 Ulster (1) Leinster (1)2006–07 11 Ospreys (2) Cardiff Blues (1)2007–08 10 Leinster (2) Cardiff Blues (2)2008–09 10 Munster (2) Edinburgh (1)2009–10 10 Ospreys (3) Leinster (2)2010–11 12 Munster (3) Leinster (3)2011–12 12 Ospreys (4) Leinster (4)2012–13 12 Leinster (3) Ulster (2)2013–14 12 Leinster (4) Glasgow Warriors (1)2014–15 12 Glasgow Warriors (1) Munster (3)2015–16 12 Connacht (1) Leinster (5)2016–17 12 Scarlets (2) Munster (4)2017–18 14 Leinster (5) Scarlets (1)2018–19 14 Leinster (6) Glasgow Warriors (2)2019–20 14 Leinster (7) Ulster (3)2020–21 12 Leinster (8) Munster (5)

Celtic Cup AnoEquiposCampiónSubcampión 2003−04 12 Ulster Edinburgh 2004–05 8 Munster Scarlets

Rainbow Cup O Pro14 Rainbow Cup foi un torneo único de "transición" creado para facilitar a integración dos catro equipos surafricanos no United Rugby Championship antes da temporada 2021−22. Por primeira vez, un equipo italiano e un equipo surafricano chegaron á final dunha competición oficial da Liga Celta / Pro Rugby, sendo a vitoria do Benetton Rugby o primeiro trofeo de Italia neste nivel. AnoEquiposCampiónSubcampión 2021 16 Benetton Bulls

Por equipo EquipoTítulosAnosSubcampiónAnos subcampión Leinster 82001–02, 2007–08, 2012–13, 2013–14, 2017–18, 2018–19, 2019–20, 2020–21 52005–06, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2015–16 Ospreys 42004–05, 2006–07, 2009–10, 2011–12 0 Munster 32002–03, 2008–09, 2010–11 52001–02, 2004–05, 2014–15, 2016–17, 2020–21 Scarlets 22003–04, 2016–17 1 2017–18 Ulster 12005–06 32003–04, 2012–13, 2019–20 Glasgow Warriors 12014–15 22013–14, 2018–19 Connacht 12015–16 0 Cardiff Blues 0 22006–07, 2007–08 Edinburgh 0 12008–09 Neath 0 12002–03

Por país PaísTítulosEquiposSubcampiónEquipos Irlanda 11 Leinster (6), Munster (3), Ulster (1), Connacht (1) 11 Leinster (5), Munster (4), Ulster (2) Gales 6 Ospreys (4), Scarlets (2) 4 Cardiff Blues (2), Neath (1), Scarlets (1) Escocia 1 Glasgow Warriors (1) 3 Edinburgh (1), Glasgow Warriors (2) Italia 0 0 Suráfrica 0 0

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aviva Premiership Top 14 Heineken Cup European Challenge Cup

Ligazóns externas Páxina web oficial do United Rugby Championship

Categoría:United Rugby Championship