O muiñeiro ouveador (en ) é unha novela do finlandés Arto Paasilinna publicada en 1981. O libro foi traducido a diversas linguas, e en 1982 foi levado ao cinema co título homónimo de Ulvova mylläri.
Foi traducida ó galego por Tomás González Ahola e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2007.
Argumento A trama está ambientada en Laponia despois da Segunda guerra mundial. O personaxe principal é Gunnar Huttunen, un muiñeiro que adoita ouvear polas noites, facendo ladrar aos cans, e que aínda que ás veces se comporta dun xeito louco, é un bo home traballador no seu muíño á beira do río Kemi, en Suukoski.
A maioría dos seus veciños comezan a pórse a mal con el pola súa forma de ser. Finalmente mándano para un manicomio, e cólleno cando se estaba empezando a namorar dunha veciña, Sanelma Käyrämö, unha asesora agrícola, e pintando o muíño de vermello. No hospital mental atopouse cun home san ingresado e que lle axudou a escapar de alí. Volve á aldea mais ten que andar de eremita no monte para que non o volvan meter no manicomio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en www.culturalgalega.org Ficha na web da editorial
Categoría:Obras literarias de 1981 Muineiro Categoría:Obras traducidas do finés ao galego Categoría:Rinoceronte Editora