Juan Garrido Canales, nado en Ossa de Montiel (Albacete) o 22 de novembro de 1966, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro.
Traxectoria Canales comezou a destacar nas filas do Eldense. En 1983 foi contratado polo Real Madrid CF, club no que compite no seu equipo xuvenil e no Real Madrid Castilla, xogando un único partido co primeiro equipo. Na tempada 1989–90 foi contratado polo Xerez CD, co que competiu en Segunda División B. Na tempada seguinte xogou no CD Logroñés en Primeira División, realizando unha gran campaña e xogando 30 partidos.
Na tempada 1991–92 foi contratado polo Deportivo da Coruña, sendo o porteiro suplente no tempo do Súper Dépor á sombra de Liaño. Nos seis anos que permaneceu na Coruña xogou un total de 31 partidos de Liga, gañando nesa etapa unha Copa do Rei e unha Supercopa.
En 1997 marchou ao UD Las Palmas de Segunda División, sendo o porteiro suplente durante 3 tempadas. Na tempada 1999–00 xogou no Universidad de Las Palmas CF e colgou as botas no Eldense en 2004.
Despois da súa retirada Canales foi adestrador de porteiros en equipos como o Hércules CF ou o Alicante CF.
Palmarés Real Madrid Copa da UEFA: 1984–85 Copa da Liga: 1985
Deportivo Copa do Rei: 1994–95 Supercopa de España: 1995
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en laspalmas.incondicionales.com
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Ossa de Montiel Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da UD Las Palmas