Julio Gento López, máis coñecido como Gento II, nado en Guarnizo (El Astillero, Cantabria) o 24 de abril de 1939 e finado na mesma localidade o 14 de setembro de 2016, foi un futbolista español que xogaba na demarcación de centrocampista. Era irmán dos tamén futbolistas Paco Gento e Gento III.
Traxectoria Na tempada 1961–62 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Debutou na décima xornada, nun partido en Riazor contra o CD Ourense que rematou con vitoria local por 4–1, anotando Gento o cuarto gol do conxunto branquiazul. Foi un habitual da dianteira coruñesa xunto con Jaime Blanco, Veloso e Amancio. O equipo logrou o ascenso a Primeira División tras lograr o campionato de Segunda, e Gento participou en 17 encontros e logrou 4 goles.
Faleceu o 14 de setembro de 2016, aos 77 anos.
Palmarés Deportivo Segunda División: 1961–62
Notas
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en El Astillero Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Málaga Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do CF Palencia Categoría:Personalidades sen imaxes