O golfo de Cádiz é un entrante do océano Atlántico na costa do suroeste da Península Ibérica, que se encontra entre o cabo de San Vicente, en Portugal, e o Estreito de Xibraltar, polo que as súas augas bañan a costa sur do Algarve, a costa da provincia de Huelva e a costa atlántica da provincia de Cádiz. Esta zona costeira recibe o nome de Costa da Luz.

Xeografía Os ríos máis importantes que morren neste golfo, de oeste a leste, son: Río Guadiana (742 km) Río Piedras Río Odiel (co río Tinto) Río Guadalquivir (666 km) Río Guadalete (157 km)

Recursos O golfo de Cádiz posúe pequenas reservas de gas natural.Achan indicios de acumulación de hidrocarburos no Golfo de Cádiz Aínda que no pasado non se extraía por considerar que non existía cantidade suficiente para asegurar a súa rendibilidade, na actualidade suscítase retomar a extracción para evitar a dependencia exterior. Na actualidade Repsol extrae a 30 quilómetros de Mazagón.Diario de Cádiz-Extracción de gas no Golfo de Cádiz (3 de maio de 2009)

En canto á pesca, as especies mariñas de interese comercial que se capturan no Golfo de Cádiz suman 314, entre elas destacan a chirla, a anchoa, o salmonete, a acedía e o atún. O atún é especialmente importante, en termos económicos e culturais, xa que implica técnicas de pesca distintas como son as almadrabas.

Notas

Véxase tamén

Cadiz Categoría:Xeografía de Portugal