O Forte da Ínsua é unha fortificación situada na freguesía de Moledo, no concello de Caminha, no distrito de Viana do Castelo, en Portugal.

A insua de Santo Isidro está situada no esteiro do río Miño, a douscentos metros da costa.

Antecedentes Esta pequena illa foi utilizada como lugar de culto. En época cristiá había nela unha pequena ermida, baixo a invocación da Nosa Señora da Ínsua.

O primitivo forte Durante o reinado de Xoán I de Portugal, franciscanos de Galicia ergueron na illa un mosteiro entre os anos 1388 e 1392. Algúns autores datan nesta época a primeira defensa local, coa función de protección da barra do río e dos relixiosos.

Ao parecer o rei Manuel I de Portugal reformou e ampliou esa defensa en 1512, ao igual que faría anos máis tardes Filipe I de Portugal, mais non existen vestixios desas estruturas engadidas.

O forte setecentista miniatura|250px|esquerda|Un baluarte do Forte da Ínsua. Situado nunha rexión fronteiriza estratéxica para o acceso a Caminha, a actual estrutura débese ao contexto da Guerra da Restauración da independencia portuguesa, durante o reinado de Xoán IV de Portugal, mandada construír entre 1649 e 1652 por Diogo de Lima.

Reparada e reforzada nos séculos seguintes, foi abandonado até que en 1940 pasou a mans do Ministério das Finanças de Portugal.

Actualmente está en condicións precarias de conservación, rexistrouse a perda dos soportes de madeira dos tellados e das tellas, dos azulexos seiscentistas, das pinturas e das imaxes da capela. A estrutura pode ser visitada polo público, sendo a travesía até a illa feita por pequenas embarcacións locais.

Características O forte presenta planta cuadrangular con baluartes nos vértices. Un revelín protexe o portón de armas. En torno ao terraplén, ao abrigo das murallas, atópanse os depósitos e barracóns da tropa. No centro estarían as edificacións de servizo: Casa de Comando e cuartel da tropa, cociña e capela. Un pozo de auga potable abastecía á gornición, composta por un Gobernador (comandante) e doce prazas, renovadas semanalmente. Ese pozo destaca por se situar no mar, sendo un dos tres únicos existentes no mundo con esa característica.

Véxase tamén Bibliografía Gil, J. e cabrita, A: Os mais belos castelos e fortalezas de Portugal. Editorial Verbo, 1996. ISBN 972-22-1135-8

Ligazóns externas Instituto Português do Património Arquitectónico (IGESPAR) . "História do Forte da Ínsua", no blog Moledo do Minho . "Forte da Ínsua", no blog Vila Praia de Âncora .

Categoría:Distrito de Viana do Castelo Categoría:Fortes de Portugal