Mimi Pond é unha guionista e caricaturista norteamericana.

Traxectoria O seu traballo máis salientable foi a escritura do guión do primeiro episodio de The Simpsons, "Simpsons Roasting on an Open Fire", en 1989"Simpsons Roasting on an Open Fire" BBC. Consultado o 6 de xaneiro de 2008.. Ademais, é autora de varios libros de humor.

Pond tamén escribiu para a serie Designing Women da CBS e Pee-wee's Playhouse. Traballou como caricaturista para Los Angeles TimesCartoons by Mimi Pond - Los Angeles Times e outras publicacións.

Despois da publicación do seu libro Shoes Never Lie, The Boston Globe describiuna como "quizais a autoridade punteira na conexión espiritual, emocional e visceral entre as mulleres e os zapatos" (por unha historia da colección de zapatos de Imelda Marcos).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Splitting Hairs - the bald truth about bad hair days, Simon & Schuster (1998) ISBN 0684826437 A Groom of One's Own - And Other Bridal Accessories, Penguin USA (1991) ISBN 0452269458 Shoes Never Lie, Berkley Pub Group (1985) ISBN 0425081044 Mimi Pond's Secrets of the Powder Room, Holt, Rinehart, and Winston (1983) ISBN 0030632536 The Valley Girls' Guide to Life, Dell Pub Co (1982) ISBN 0440593344

Categoría:Guionistas de The Simpsons Categoría:Caricaturistas