Yuzawa (湯沢市, ゆざわし, Yuzawa-shi) é un concello da prefectura de Akita no Xapón. Está situado ao sueste da prefectura e da rexión de Tōhoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 790,72 km², a poboación é de 52.495 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 66,4 h/km².
O concello de Yuzawa limita cos concellos de Yurihonjō, Ugo, Yokote, Higashinaruse (que son da prefectura de Akita); de Mamurogawa, Kaneyama, Shinjō, Mogami (que son da prefectura de Yamagata); de Kurihara e Ōsaki (que son da prefectura de Miyagi).
Personaxes de sona Ono no Komachi (小野 小町, おの の こまち, aproximadamente 825 – 900 d.C.) - Foi unha poeta de waka (poesía xaponesa) do período Heian.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Yuzawa .
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Akita