Alesha Anjanette Dixon, máis coñecida coma Alesha Dixon, nada o 7 de outubro de 1978 en Welwyn Garden City (Hertfordshire), é unha cantante de rhythm & blues e pop inglesa.
Traxectoria Foi compoñente do trío feminino inglés Mis-Teeq e asemade é mestra de cerimonias, compositora, cantante, presentadora de televisión e modelo ocasional. En 2007 gañou no seu país o concurso de baile Strictly Come Dancing.
Coma solista, gravou dous álbums de estudio: Fired Up, publicado en febreiro de 2008 despois de ser cancelada a súa publicación polo fracaso dos dous primeiros sinxelos; e The Alesha Show, editado oito meses despois en novembro dese mesmo ano. Este último traballo inclúe o seu éxito, The Boy Does Nothing, que acadou o número un nas listas españolas Clasificacións Promusicae de cancións españolas e checas Čns Ifpi, e o quinto posto nas listas británicas Alesha Dixon - The Boy Does Nothing .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial de Alesha Dixon
Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Personalidades do pop Categoría:Nados en Hertfordshire Categoría:Artistas de Asylum Records Categoría:Nados en 1978