Daniel "Dan" Gadzuric, nado o 2 de febreiro de 1978 na Haia, é un ex xogador profesional de baloncesto neerlandés. A súa nai é serbia e o seu pai de San Vicente e as Granadinas.
Carreira Universidade Gadzuric xogou ao baloncesto universitario en UCLA, entre 1998 e 2002, onde fixo 10,5 puntos e 7,3 rebotes.
Profesional Foi elixido por Milwaukee Bucks na quinta posición da segunda rolda do Draft da NBA de 2002. A súa tempada de maior rendemento foi a de 2004-05, onde xogou 81 partidos e todos de titular, promediando 7,3 puntos e 8,3 rebotes, e onde rematou na sétima posición dos mellores reboteadores ofensivos da NBA, a pesar de xogar tan só 22 minutos por partido. O 22 de xuño de 2010, Gadzuric, xunto a Charlie Bell, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de Corey Maggette.
O 16 de xullo de 2012, Gadzuric, Jared Jeffries, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda foron traspasados ós Portland Trail Blazers a cambio de Kurt Thomas e Raymond Felton. O 19 de xullo de 2012, foi cortado polos Trail Blazers.
En setembro de 2012, Gadzuric uniuse ós Philadelphia 76ers para os seus adestramentos.Sixers Announce 2012 Training Camp Roster Porén, non conseguiu entrar no equipo final.
O 27 de setembro de 2013, Gadzuric asinou cos Los Angeles Lakers, pero foi cortado o 9 de outubro.Lakers Waive Eric Boateng and Dan Gadzuric
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Dan Gadzuric
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados na Haia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Países Baixos Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos New York Knicks