A Illa de Swains (Olosega en samoanoOlohega, en tokelauano), é un atol do arquipélago de Tokelau administrado pola Samoa Americana. Aínda que pertence xeográfica e culturalmente a Tokelau, política e historicamente é un territorio dos Estados Unidos de América.

Xeografía

O atol está completamente pechado e a lagoa interior queda illada do océano. A súa salinidade depende da choiva. A superficie total é de 1´508 km², e contando coa lagoa é de 1.865 km². Na zona de levante da lagoa hai un illote de 764 m².

En 2005 a poboación censada era de 37 habitantes na vila de Taulaga situada ao oeste. Ao suroeste atópase a vila de Etena ( «O Edén») hoxe en día abandonada.

Historia

Segundo as tradicións da veciña Fakaofo, Swains quedou deserta no século XVII logo dun ataque desde aquela illa que mataron ou secuestraron aos habitantes.

A miúdo identificouse Swains como a illa de Xente Fermosa descrita por Pedro Fernández de Quirós o 2 de marzo de 1606, pero actualmente sinálase que máis probablemente se trate de Rakahanga, nas illas Cook.

En 1840 dous capitáns reclamaron o seu descubrimento: o inglés Turnbull e o estadounidense W.C. Swains do baleeiro George Champlan. O capitán Henry Hudson, do USS Peacock que se atopaba en augas de Samoa, foi enviado para explorar a nova illa. Considerou que a súa posición non coincidía coa illa de Quirós, e confirmou a posición dada por Swains, acreditándoo como o descubridor.

O capitán Turnbull, que reclamaba a propiedade, cedeu a illa ao estadounidense Eli Hutchinson Jennings. Xunto con Malia, a súa muller samoana, estableceuse en 1856 en Swains fundando unha comunidade e unha dinastía de propietarios. O seu fillo, Eli Hutchinson Jennings Junior, chamado King Jennings por R.L. Stevenson, tivo éxito coa plantación de cocos e atraeu a atención das autoridades coloniais británicas das illas Gilbert e Ellice que reclamaron a illa de Swains. En 1909 os británicos recoñeceron a illa baixo a área de influencia estadounidense, pero legalmente continuou sendo terra de ninguén (terra nullius).

O fillo de Eli Junior, Alexander Hutchinson Jennings, herdou a propiedade en 1920. O 4 de marzo do 1925, a illa foi anexionada á Samoa Americana a instancias de Alexander. Recoñecéuselle, a el e aos seus descendentes, como o propietario da illa baixo a autoridade do representante do goberno. Actualmente a plantación non se continua explotando e só vive a familia.

O goberno de Nova Zelandia, do que depende Tokelau, recoñeceu en 1981 a soberanía estadounidense da illa de Swains, pero na Constitución de Tokelau, non aprobada, se continua reclamando a illa como parte do futuro estado en libre asociación.

A dinastía Jennings

Eli Hutchinson Jennings, Sénior (1814 - 1878), do 13 de outubro de 1856 ao 4 de decembro de 1878. Malia Jennings, a súa viúva (? - 1891), ata o 25 de outubro de 1891. Eli Hutchinson Jennings, Júnior, o seu fillo (1863 - 1920), ata o 24 de outubro de 1920. Ann Eliza Jennings Carruthers, filla de Eli Jr. (1897 - 1921), conxuntamente co seu irmán. Alexander Hutchinson Jennings, fillo de Eli Jr. e irmán d'Ann Eliza, ata hoxe.

Notas Datos da oficina do censo dos Estados Unidos (en inglés) Historia de Swains, do Departamento do Interior dos EUA. (en inglés) Constitución provisional de Tokelau (en inglés)

Categoría:Atois da Samoa Americana Categoría:Illas e arquipélagos de Polinesia Categoría:Illas do Pacífico