Nicolas Batum, nado o 14 de decembro de 1988 en Lisieux, Baixa Normandía, é un xogador profesional de baloncesto francés, que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA). Mide 2,03 metros e xoga na posición de aleiro. Foi considerado coma un dos xogadores europeos máis prometedores do seu ano de nacemento. Foi elixido MVP no Torneo Albert Schweitzer sub-18 disputado en Mannheim en 2006.

Traxectoria Categorías inferiores de Francia Foi internacional coa selección francesa nas categorías sub-16 e sub-18, gañando con esta última o premio ao mellor xogador do campionato.

Liga francesa Pasou a pertencer ás categorías inferiores do Le Mans S.B. da liga francesa en 2003, debutando no primeiro equipo na tempada 2006-07, facendo 5 puntos e 2,8 rebotes por partido, mellorando considerablemente ao ano seguinte, cando logrou 12,3 puntos e 5 rebotes.

NBA Foi elixido na vixésimo quinta posición do Draft da NBA de 2008 polos Houston Rockets, pero os seus dereitos foron traspasados aos Portland Trail Blazers a cambio dos de Darrell Arthur e Joey Dorsey, equipo co que asinou en xullo de 2008. Nos cinco partidos que disputou na Liga de Verán celebrada en Las Vegas, conseguiu unhas medias de 6,8 puntos, 4,6 rebotes e 1,2 asistencias por partido.Trail Blazers sign Nicolas Batum

En agosto de 2011, durante o lockout da NBA dese mesmo ano, asinou un contrato dun ano polo SLUC Nancy da liga francesa, válido ata o remate do lockout.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no departamento de Calvados Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Francia Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores do Le Mans Sarthe Basket Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do SLUC Nancy Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Francia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024