Johan Julius Christian Sibelius (), máis coñecido como Jean Sibelius, nado en Hämeenlinna o 8 de decembro de 1865 e finado en Järvenpää o 20 de setembro de 1957, foi un compositor finlandés do Romanticismo tardío, sendo o compositor máis famoso do país.

Trátase dun dos máis populares compositores de finais do século XIX e principios do século XX. A súa música, como o poema sinfónico Finlandia e o seu xenio xogaron un importante papel na formación da identidade nacional finlandesa, sendo xunto con Johan Ludvig Runeberg, un dos finlandeses que simbolizan este nacemento a pesar de seren suecofalantes.Dous idiomas oficiais en Finlandia, aínda que o sueco era falado na época por case un 20 % da poboación fronte o 6 % actual. Sibelius converteuse non só no símbolo da música finlandesa, senón tamén de todo o país, e a súa música acadou un nivel de universalidade equiparable ao dos máis grandes espíritos da música occidental.

Traxectoria Infancia e xuventude 225px|miniatura|esquerda|Janne Sibelius no colo de súa nai Maria Charlotta e xunto á súa irmá Linda contra o 1867. Johan Julius Christian Sibelius naceu o 8 de decembro de 1865 en Hämeenlinna (en sueco Tavastehus), no Gran Ducado de Finlandia (daquela pertencente ao Imperio Ruso). Jean foi o segundo dos tres fillos do doutor suecofalante de 44 anos Christian Gustaf Sibelius e Maria Charlotta Sibelius (nada Borg), que ao tempo do seu nacemento contaba con 24 anos. Seus pais decidiron chamar a este seu segundo fillo Janne en memoria do seu tío paterno, Johan "Janne" Sibelius, que fora capitán dun barco mercante. Aínda que era coñecido polo seu nome típico finlandés e sueco "Janne" por parte da súa familia, durante os seus anos de estudante comezou a empregar a forma francesa do seu nome, "Jean", inspirado pola tarxeta de visita do seu tío, sendo posteriormente coñecido universalmente como "Jean Sibelius".

En xullo de 1868, durante os anos de fame severa e contando o pequeno Sibelius con algo máis de dous anos, seu pai morría de febre tifoide fortemente endebedado, xa que tiña que pagar ao redor de 13.500 euros (en moeda actual) para saldar as débedas dos amigos a quen estivera de garante, que xunto aos gastos polo funeral ascenderon a 15.000 euros, o que deixou á familia en bancarrota, facendo que a meirande parte das súas posesións pasasen aos acredores. A pensión de viuvez de súa nai non era suficiente para manter unha casa propia e á súa familia non lle quedou outro remedio que ir vivir coa súa avoa materna, Katarina Juliana Borg, que era a muller dun decano e vivía en Hämeenlinna xunto coas súas irmás solteiras.

Pronto mostrou interese pola música, meténdose debaixo do piano rectangular cando súa nai o tocaba e tentando asociar as notas que ela tocaba coas cores das raias da manta. A súa familia levouno a concertos dende moi pequeno, estando moi presente na memoria do compositor os seus veráns en Loviisa, onde pasaban os veráns coa súa avoa paterna Katarina Fredrika e súa tía Evelina, asistindo aos concertos de verán e ás veladas musicais e poéticas organizadas polos Sucksdorffs, emparentados coa súa familia. Máis tarde Sibelius lembraba os seus veráns en Loviisa:

Con cinco anos Sibelius comezou a tocar o piano, sendo capaz de memorizar e interpretar pasaxes dos seus concertos favoritos. No outono de 1872 comezou as clases na escola preparatoria sueca de Eva Savonius á vez que a súa tía Julia tentaba ensinarlle ao mozo Janne a tocar o piano con clases máis sistemáticas, pegándolle "nos dedos cunha agulla de tecer" tras cada nota falsa, un método que non se axustaba ao carácter de Janne e que o fixo caer na improvisación e a crítica aos alumnos de música da súa tía, se ben por consello dela aprendeu a ler música. Durante os anos seguintes dedicouse a tocar a música que lle interesaba, tanto pezas solistas coma dúos coa súa irmá Linda, quen posteriormente lembrou que seu irmán tamén escribira composicións para piano e violín a unha idade moi temperá.

Janne procedía dunha familia suecofalante, mais en 1874 foi trasladado á escola preparatoria en lingua finesa de Lucina Hagman, xa que tiña que aprender finés para ser admitido no Liceo Normal de Hämeenlinna (onde foi admitido en 1876 e realizou os seus estudos ata 1885), xa que en Hämeenlinna, ao contrario que na meirande parte das cidades finlandesas da época, un podía graduarse na escola secundaria en finés, non en sueco, algo infrecuente xa que o país formara parte de Suecia ata 1809 e a lingua dominante das clases educadoras era o sueco e non o finés. O Liceo de Hämeenlinna, dirixido daquela por Gabriel Geitlin e cuxo mestre de música era Emil Genetz, era considerado a pedra angular da educación, e tanto Janne como moitos dos seus compañeiros de clase converteríanse posteriormente en personalidades importantes en Finlandia. Na escola, Janne e os seus amigos puxeron en marcha unha pequena orquestra con "ferriños, harmónicas, ocarinas de xoguete e campás", dirixindo el mesmo os concertos dende o piano. Os seus estudos na escola finlandesa permitiríanlle familiarizarse co patrimonio e a cultura de Finlandia, que tanto influiría posteriormente na súa obra.

250px|miniatura|Janne (violín), cos seus irmáns Linda (piano) e Christian (violonchelo) no spa casino de Loviisa cara a 1880 ou 1890. Na primavera de 1880 comezou as súas clases de violín, quedando enfeitizado polo seu novo instrumento. Pouco despois, en 1881 concluíra a súa primeira composición, Vattendroppar (Pingas de choiva) para violín e violonchelo,Algúns biógrafos datan a composición arredor de 1875-1876. á vez que comezaba os seus estudos de violín con Gustaf Levander (director da banda de música da súa cidade natal) tras un longo período de aprendizaxe autodidacta. Janne progresou dun xeito rápido co violín e posteriormente formou un trío cos seus irmáns no que el mesmo tocaba o violín, Linda o piano, e o seu irmán máis novo Christian o violonchelo, cos que inicialmente tocaba o repertorio clásico vienés e romántico, aínda que pronto pasarían a tocar obras de cámara do propio Janne. En decembro de 1881 uniuse á orquestra da escola, onde tocaba o segundo violín, e pronto comezou a tocar tamén nun cuarteto local afeccionado.

A primeira mención a unha composición de Sibelius aparece nunha carta que escribiu dende Kalalahti o 25 de agosto de 1883, onde afirma que compuxera un trío (primeira composición que pode ser datada con certeza) e que estaba a traballar noutro, dos que afirmaba:

En febreiro de 1884, Janne fíxose cun exemplar do Lehrbuch der musikalischen Composition de Johann Christian Lobe, ao cal se refería como Compositionslehre nunha carta ao seu tío Pehr, e seguindo as ensinanzas do libro Sibelius compuxo un cuarteto con piano e un trío con piano. A composición ocupaba boa parte do seu tempo, o que se reflectiu nos seus estudos, non obstante conseguiu superar o seu exame final na primavera de 1885.

Nas súas cartas, Sibelius parecía considerar a carreira de boticario ou secretario, mais alentado polo seu tío materno Axel Borg matriculouse na Facultade de Dereito da Universidade de Helsinqui. A súa familia non quixo obstaculizar as súas actividades musicais, polo que tamén se matriculou como alumno especial no conservatorio, onde estudou violín con Mitrofan Wasiljeff e teoría, contrapunto e harmonía con Martin Wegelius.

Estudos en Helsinqui (1885-1888) 200px|miniatura|Martin Wegelius, profesor de teoría, contrapunto e harmonía de Sibelius en Helsinqui. Sibelius instalouse en Helsinqui en 1885, xunto con súa nai e a súa irmá Linda, que ía comezar os seus estudos de posgrao, mentres que seu irmán máis novo Christian quedou en Hämeenlinna para continuar os seus estudos ao coidado da súa avoa e as súas tías. Nesa época comezou a mudar a súa percepción do mundo co seu traslado de Hämeenlinna (que contaba cuns poucos miles de habitantes) a unha cidade grande como Helsinqui (que daquela contaba cuns 60.000 habitantes), o feito de escoitar comentarios antirrelixiosos ás súa tías e a lectura da novela Röda rummet (O cuarto vermello) de August Strindberg, que destruíu parte da súa inocencia xuvenil.

Aínda que inicialmente Sibelius se trasladara á capital finlandesa para estudar Dereito, pronto se concentrou nas súas clases de música no Instituto Musical de Helsinqui que Martin Wegelius fundara en 1882, inicialmente centradas no estudo do violín con Mitrofan Wasiljeff, quen considerou a Janne como un "xenio musical". O propio Wegelius entusiasmouse co seu alumno, que xa escribira varias obras de cámara, e pouco a pouco as súas clases de teoría convertéronse en clases de composición nas que Janne aprendeu todo del.

Na primavera de 1886 comezou a empregar as tarxetas de visita de seu tío mariñeiro, afirmando nunha carta ao seu tío Pehr o 31 de marzo que "Jean é agora o meu nome musical". Daquela a súa única conexión coa universidade era como violinista na orquestra de Richard Faltin, xa que abandonara os seus estudos de leis cando se comezou a dedicar por completo á música.

Durante os primeiros anos en Helsinqui, Sibelius mostrou as súas dotes como violinista, sendo eloxiado "pola súa avanzada técnica", e converténdose na súa maior aspiración o converterse nun virtuoso do violín e facer carreira concertística. No semestre de outono de 1886 realizou catro aparicións como solista, mentres que no de primavera de 1887 tocou frecuentemente como músico de cámara. Porén, os seus soños de converterse nun virtuoso do violín sufriron un duro revés tras un concerto infrutuoso do Andante e Finale do concerto para violín de Felix Mendelssohn no que o crítico musical Richard Faltin atopou fallos co seu son fino e áspero, o que provocou que Sibelius non avanzase máis como violinista, se ben continuaba a tocar en orquestras e grupos de cámara, e o seu profesor de violín pasou a ser Hermann Csillag, quen o convidou a tocar o segundo violín no cuarteto do Instituto. Na casa, Sibelius tocaba nun cuarteto co seu irmán Christian (que tamén se trasladara a Helsinqui), o fillo de Richard Faltin e Ernst Lindelöf.

Na primavera de 1888, Wegelius e Sibelius escribiron xuntos música para Näcken de Gunnar Wennerberg. Nunha revisión, Richard Faltin pai declarou que Sibelius era mesmo máis interesante como compositor que como violinista. En maio dese mesmo ano, o seu cuarteto de corda ou Tema con Variacións en dó sostido menor foi ben recibido, e Karl Flodin, o crítico de Nya Pressen, louvou "a habilidade teórica e o seu notable poder imaxinativo".

Durante o verán de 1888 en Loviisa, Jean compuxo unha das súas mellores pezas temperás de música de cámara, o Trío Loviisa en dó maior, para piano, violín e violonchelo. Cada vez facíase máis evidente nos círculos musicais de Helsinqui que Sibelius sería compositor e non violinista. No outono dese ano, Wegelius conseguiu levar ao Instituto de Música a Ferruccio Busoni (futuro pianista, compositor e director), quen coñeceu a Sibelius e deulle clases de piano, así como ao outro alumno máis destacado da institución, Armas Järnefelt, e a Adolf Paul. Os compañeiros chamáronse a eles mesmos os Leskovites polo can de Busoni, Lesko, e pasaban moito tempo no apartamento de Busoni e nos cafés de Helsinqui. Busoni animou a Sibelius nas súas composicións e ese outono publicouse a súa primeira composición, a Serenad sobre un texto de Runeberg, publicada no folleto Det sjungande Finland II. Ese mesmo outono, Armas Järnefelt levou a Sibelius a coñecer á súa familia, foi daquela cando coñecería á súa futura muller, a irmá de Armas, Aino Järnefelt.