Rosendo Naseiro Díaz, nado en Rodas (Samarugo, Vilalba) o 11 de xuño de 1935 e finado en Madrid o 12 de outubro de 2023, foi un empresario, político e coleccionista de arte galego.
Traxectoria Formación e ascenso Fillo dunha familia de caseiros e de emigrantes a Cuba, na súa xuventude marchou a Ferrol, onde estivo traballando primeiro nunha tinturería e despois na estiba de carbón no porto da cidade. En 1950 volveu a Vilalba a traballar noutra tinturería. Pouco despois trasladouse de novo, desta vez a Tui e comezou un negocio de máquinas de lavandería e de transporte, que prosperou, e mudouse a Alacant en 1972.El arte del tintorero, Aníbal Malvar, El Mundo, 1.10.2006, consultado o 23.9.09
O caso Naseiro
Militante do Partido Popular, converteuse en 1987 en secretario de finanzas (tesoureiro) dese partido, en substitución de Ángel Sanchis. En 1990 foi procesado por un caso de financiamento ilegal de partidos políticos, de suborno e de compra de votos, que foi coñecido como caso Naseiro. Detivérerono e ingresou en prisión o 9 de abril de 1990, onde permaneceu menos dunha semana. O caso chegou ao Tribunal Supremo pola condición de deputado dun dos imputados. O fiscal pediu para Naseiro unha condena de 3 meses de prisión e catro de inhabilitación por suborno en grao de conspiración. Posteriormente saíu absolto ao seren invalidadas as únicas gravacións inculpatorias, por realizárense en relación a outro caso e non seren especificamente autorizadas.
Retirada da vida política Como consecuencia, retirouse da primeira liña política e centrouse no coleccionismo de arte. Era especialista en naturezas mortas españolas de entre os séculos XVII e XVIII.
En 2006 doou ao Museo do Prado, a través dunha compra realizada polo BBVA, parte da súa colección, valorada en 26 millóns de euros, e que estaba considerada a colección de pintura máis importante desa época en mans privadas de España."El botín de la colección Naseiro", artigo en El País, 19 de xullo de 2006 (consultado o 23 de setembro de 2009) . Finou en Madrid o 12 de outubro de 2023.Fallece el vilalbés Rosendo Naseiro, extesorero del PP Foi soterrado no cemiterio de Lanzós.
Vida persoal Viúvo,Rosendo Naseiro pide ayuda para aclarar el accidente en el que murió su mujer , La Voz de Galicia, 7.11.2001, consultado o 23.9.09 tivo dous fillos e varios netos. Volveu casar con Najia Naji Mouhachim.
Notas
Categoría:Coleccionistas de arte Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2023
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes