O caso Naseiro foi o termo xornalístico co que se coñeceu un caso xudicial de corrupción política que se coñeceu en España en 1990. Débelle o seu nome ao político de Vilalba Rosendo Naseiro, imputado no caso.
Acontecementos Antecedentes Entre 1989 e 1990, no marco dunha investigación por narcotráfico de cocaína en Valencia onde estaba afectado o irmánLa policía detiene por presunto tráfico de drogas al hermano de Salvador Palop, El País, 16.1.1991,consultado o 23.9.2009 do concelleiro do Partido Popular e exsecretario xeral desa formación en Valencia, Salvador PalopDeclara Palop ante o Xuíz Manglano, El País, 19.4.1990,, a policía gravou unhas conversas que indicaban a existencia dun posible delito de financiamento ilegal do Partido Popular a nivel estatal. Nesa trama estarían presuntamente implicados o daquela tesoureiro do Partido Popular, o galego Rosendo Naseiro; Arturo MorenoDimite Arturo Moreno Subssecretario xeral Electoral, El País, 11.5.1990,, subssecretario xeral do PP para Asuntos Electorais; Eduardo Zaplana, daquela presidente do PP de Alacant (despois President da Generalitat e Ministro) Zaplana, un superviviente nato: del caso Naseiro a las teorías de la conspiración a e-valencia.orgTranscrición da conversa entre Zaplana e Palop do 11-2-1990 na Cadena SER; José Luis OlivasOlivas declara ante o Xuíz, El País, 19.4.1990,, tamén concelleiro do PP na cidade de Valencia (e despois foi Concelleiro da xunta valenciana con Zaplana e máis tarde substituíuno como Presidente da Generalitat) ; Luis Janini, delegado en Valencia da empresa Dragados y Construcciones; José Balaguer, director-xerente da firma ETRA; Carlos Bonet, delegado en Valencia de Horta i Cia; e Francisco Javier Domínguez, arquitecto municipal de Cullera. Posteriormente sumaríase á lista o deputado popular por Valencia, Ángel SanchisO parlamentario implicado é o valenciano Angel Sanchís, ex Tesoureiro do PP, ABC, 19.4.1990,, que tamén fora tesoureiro da formación a nivel de Madrid e antecesor de Naseiro.
Trámite xudicial Os principais acusados, Rosendo Naseiro e Salvador Palop, así como Javier Domínguez, Luis Janini, José Balaguer e Carlos Bonet, foron detidos o 9 de abril de 1990 e postos en liberdade poucos días despois baixo fianza, por orde do xuíz valenciano Luis Manglano.
Despois dos interrogatorios, o xuíz decidiu inhibirse e enviar o expediente chegou ao Tribunal Supremo, debido á condición de deputado de Ángel Sanchis, ao que Manglano cre que se debe procesar a teor dos interrogatorios. O fiscal do Supremo considerou os feitos constitutivos dun delito de suborno en grao de conspiración, e solicitou 3 meses de prisión e 9 anos de inhabilitación para Palop e Sanchis, e 3 meses de prisión e 4 anos de inhabilitación para Naseiro.
O Supremo arquivou a causa por mor das irregularidades na instrución do sumario: as escoitas telefónicas ordenáranse para investigar unicamente o caso de narcotráfico e, xa que logo, a súa utilización no presunto delito de financiamento ilegal non gozaba de supervisión xudicial. O tribunal ordenou a posterior destrución das cintas inculpatorias coas conversacións dos implicados que, no entanto, pódense ler nas hemerotecas, pero sen valor probatorio.
Trámite político O caso Naseiro afectou o primeiro ano do mandato (1996-2004) de José María Aznar como presidente do Partido Popular, quen solicitou el mesmo a apertura dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados, que foi rexeitada pola maioría parlamentaria socialista, aínda que parte da súa información se recuperou en 1994 para unha comisión de investigación sobre financiamento dos partidos políticos.
Como consecuencia do proceso, diversos altos cargos do Partido Popular foron expulsados da formaciónO "Informe Gallardón", ABC, 21.5.1990,, entre eles os imputados Ángel Sanchis e Rosendo Naseiro, e o concelleiro Salvador Palop deixou o seu postoFallece el ex concejal popular de Valencia Salvador Palop , Levante, 13.2.2008, consultado o 23.9.2009. Sanchis volveu logo da absolución á vida política, actuando como asesor económico do Partido PopularUn implicado en el «caso Naseiro» trabaja como asesor económico del PP, El Mundo, 20.12.1994, consultado o 23.9.2009.
Notas
Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Casos xudiciais Categoría:Corrupción en Galicia