miniatura|150px|dereita|<center>John Wycliffe precursor do lollardismo<center> O Lollardismo foi un movemento político e relixioso de finais do século XIV e inicios do século XV en Inglaterra, xeralmente identificado como un precursor da Reforma. Os seus obxectivos principais eran precisamente a reforma da Igrexa. Doutrina Entre as súas principais doutrinas estaba aquela que propugnaba que a devoción era un requirimento para que un sacerdote fóra de "verdade" un sacerdote ou para que levase a cabo os sacramentos debidamente, e que o laico devoto tiña a facultade de executar os mesmos ritos, crendo que o poder relixioso e a autoridade resultaban da devoción e non da xerarquía eclesiástica. Ensinaban que a Igrexa cristiá era a "Igrexa dos salvados", querendo dar a entender que a verdadeira Igrexa de Cristo estaba constituída pola comunidade dos fieis, que tiña moito en común coa Igrexa oficial, pero que non era o mesmo. Ensinaban ademais unha certa forma de predestinación. Avogaban pola pobreza apostólica e a tasación das propiedades da Igrexa. Negaban a doutrina romana da transubstanciación favorecendo por iso a doutrina da consubstanciación na Eucaristía. Orixes As orixes do movemento Lollardo (Lollardy en inglés) atópase nos ensinos de John Wycliffe, un teoloxo prominente da Universidade de Oxford cara a 1350.

Etimoloxía A pesar de non ser coñecido a orixe do termo, propúxose a hipótese de derivala do termo en latín lolium ("tara" ou "herba daniña"). Se é certo, isto debería ser unha referencia ofensiva para cualificalos de herexía contra a Igrexa cristiá, como as herbas daniñas que xorden no medio do gran na parábola de Xesús.

Outra hipótese, moito máis probable, é que veña do nome de Valter Lollard, un predicador holandés valdense que foi martirizado a mans dos partidarios da Igrexa de Roma na primeira metade do século XIV. A palabra pode ser tamén derivada do neerlandês lollaerd (que significa "alguén que susurra") ou lull ou lollen, que significa "cantar".

Véxase tamén Outros artigos Reforma protestante John Ball, sacerdote renegado do movemento Lolardo Thomas Arundel, opositor do Lollardismo

Categoría:Historia das relixións