Brian David Scalabrine, nado o 18 de marzo de 1978, en Long Beach (California), é un ex xogador de baloncesto estadounidense.

Traxectoria Universidade Xogou durante 3 tempadas cos Trojans da Universidade de Southern California, onde promediou 15,7 puntos e 6,1 rebotes por partido.

Profesional Foi seleccionado no Draft da NBA de 2001 polos New Jersey Nets na posición 35. Alí xogou durante 4 tempadas, onde na súa derradeira tempada asinou os mellores números da súa traxectoria, ao facer 6,3 puntos e 4,5 rebotes por partido.

Na tempada 2005-06 asinou un contrato cos Celtics, o 2 de agosto de 2005 por 5 anos a razón de 15 millóns de dólares. Na súa primeira tempada en Boston fixo medias de 2,9 puntos e 1,6 rebotes en 13,2 minutos de partido. Uns números que serían semellantes aos das seguintes 3 tempadas en Boston. O 21 de setembro de 2010 asinou un contrato non garantido cos Chicago Bulls.

O 22 de setembro de 2011, Scalabrine asinou co Benetton Treviso da liga italiana. MOTIEJUNAS IN PRESTITO AL PROKOM, SCALABRINE E' NEL ROSTER ATTIVO COME 'USA' Deixou o equipo en decembro de 2011 para atopar algunha oportunidade na NBA.La Benetton Treviso saluta Scalabrine. O 12 de decembro de 2011, asinou de novo cos Chicago Bulls.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Scalabrine en NBA.com Estadísticas de Sacalabrine

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Long Beach Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores do Pallacanestro Treviso