miniatura|dereita|Micacita con moscovita e biotita. A micacita ou micaxisto é unha rocha metamórfica composta de mica, seixo e proporcións menores doutros minerais.
Orixe e características Ten a súa orixe no metamorfismo de antigas series arxilosas e lousas. Constan dunha alternancia de finos estratos de seixo e mica, e segundo sexa a índole desta, trátase de micacitas de mica branca (con moscovita, sericita etc.), de mica negra (biotita, clorita etc.) ou de dúas micas (mesturadas). Todas conteñen proporciona miúdas de minerais pesados, coma cornubiana, granate, epídota, cordierita, sillimanita etc. Estes poden formar uns nódulos escuros, duns cantos milímetros de diámetro e o micasquisto que conten esas concrecións de orixe metamórfico é cualificado coma micacitas nodosas ou, se os nódulos son lisos, de xistos. Considerando a serie de rochas resultante dun metamorfismo dunha zona, óllase o paso das micacitas aos gneis.
Notas
Categoría:Minerais