Kenyon Lee Martin, nado o 30 de decembro de 1977 en Saginaw, Míchigan, é un xogador profesional estadounidensede baloncesto que actualmente é axente libre. Mide 2,06 metros e pesa 109 quilogramos, a súa posición natural é a de ala-pivote e leva nas costas o número 2. Salienta pola súa capacidade intimidadora, pola súa capacidade atlética e pola a súa habilidade tapoadora e reboteadora, ademais dos seus mates.
Traxectoria Universidade Martin era un xogador destacable na universidade, xogaba para a Universidade de Cincinnati baixo a dirección de Bob Huggins. Fixo 18,9 puntos, 9,7 rebotes e 3,5 tapóns por partido, gañou numerosos trofeos dalgunhas organizacións coma o Trofeo Oscar Robertson, o premio John R. Wooden e foi nomeado xogador universitario do ano.
Profesional Foi elixido no Draft da NBA de 2000 polos New Jersey Nets na primeira posición da primeira rolda, onde xogou ata o 2004, ano no que foi traspasado aos Denver Nuggets. Na tempada 2006-2007, só puido xogar dous encontros por mor dunha lesión no seu xeonllo dereito.
Estatísticas no NBA All-Star Game NBA All-Star Game 2004: 23 min, 17 pts, 7 reb, 3 asi, 0 roub, 0 tap.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Kenyon Martin
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1977 Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Ala-pivotes de baloncesto