Aldo Moro, nado en Maglie o 23 de setembro de 1916 e asasinado o 9 de maio de 1978 en Roma, foi un xurista, profesor e político italiano.

Traxectoria

Foi primeiro ministro de Italia en dúas ocasións: entre 1963 e 1968, e entre 1974 e 1976. Foi secuestrado o 16 de marzo de 1978, cando era Secretario Nacional de Democracia Cristiá, pola banda armada Brigadas Vermellas que finalmente o executou o 9 de maio de 1978. Non obstante existen informacións que ligan o seu asasinato co interese dos Estados Unidos de América e da OTAN de desfacerse do político italiano mediante unhas Brigate Rosse intervidas.Moro's ghost haunts political life, The Guardian .US envoy admits role in Aldo Moro killing, The Telegraph . Notas

Categoría:Presidentes do goberno de Italia Categoría:Nados na provincia de Lecce Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Asasinatos en Italia