Toda (戸田市, とだし, Toda-shi) é un concello xaponés da prefectura de Saitama. Está situado no centro da rexión de Kanto e ao sueste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 18,17 km², a poboación é de 121.620 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 6.690 hab./km².

O concello de Toda limita cos concellos de Wakō, Asaka, Saitama, Warabi e Kawaguchi (que son da prefectura de Saitama); e cos barrios de Kita e Itabashi (que son da prefectura de Tokyo).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Toda .

Categoría:Prefectura de Saitama Categoría:Concellos do Xapón