Santiago Castroviejo Bolíbar, nado en Tirán (Moaña) en agosto de 1946 e finado en Madrid o 30 de setembro de 2009, foi un botánico galego.

Traxectoria Fillo de Xosé María Castroviejo e María Francisca Bolívar Sequeiros, e irmán da historiadora María Francisca Castroviejo, doutorouse en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid en 1972. Foi profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Real Jardín Botánico de Madrid entre 1984 e 1994. Investigador principal do Proxecto Flora Ibérica, investigador principal tamén do Proxecto ANTHOS, un sistema de información sobre as plantas de España.

Dirixiu 19 teses doutorais e foi autor de máis de 150 traballos de investigación publicados en revistas científicas nacionais e internacionais.

Distincións Por outra banda, foi Presidente da Real Sociedade Española de Historia Natural, Académico de Número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e Medaille du Conseill de la Société Botanique de Francia, entre outras importantes distincións científicas.

Véxase tamén Ligazóns externas

Proxecto Flora Ibérica Proxecto Anthos

Categoría:Botánicos de Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid