A pereira brava (Pyrus cordata, Desv.) é unha árboriña espiñenta do xénero Pyrus, da familia das rosáceas. O seu froito é coñecido vulgarmente como pero ou periño. Común en Galiza.

Morfoloxía miniatura|Follas. A pereira brava pode ter porte de arbusto ou de árbore pequena de até 8 metros. O tronco é xeralmente delgado e máis ben curto, e a copa desta árbore é redondeada. As pólas son espiñentas. Follas: as follas son de cor verde escura, aínda que algo máis claras no envés. Son simples (non están divididas) e alternas, e rematan en ángulo agudo no ápice, sendo máis amplas na base o que lles da unha forma ovoide. Ás veces están aserradas, e acadan un tamaño de entre 3 a 5 centímetros. Flor: florece na primavera (entre abril e maio). A flor da pereira brava ten un cáliz con cinco sépalos, os cales se manteñen cando o froito xa está formado. A corola é branca, con 5 pétalos. Tamén dispón de moitos estames e un ovario con 5 estilos. As flores son hermafroditas de polinización entógama. miniatura|Espiñas. Froito: o froito é comestible, aínda que de maduro é amargo. Xeralmente son chamados periñosFicha en RíosGalegos.com. A maduración prodúcese no verán. O froito, que xeralmente é de cor parda ou pardo-amarela, ten forma de pomo e é pequeno xa que acada un talle de entre 1 e 4 centímetros.

Distribución e hábitat Gusta de lugares húmidos, como as beiras de ríos e regatos. Xeralmente na Galiza pódese atopar en fragas caducifolias húmidas xunto a ameneirais. É propia do centro e suroeste de Europa, e en xeral na vertente atlántica, e común en toda Galiza.

Outros usos da planta miniatura|150px|Carbón vexetal. É comunmente empregada como patrón para cultivar outras especies do xénero Pyrus, xeralmente especies comerciais debido ao aforro de tempo no crecemento da nova árbore que se acada deste xeito. A leña é moi apreciada, especialmente como combustible e polo carbón que produce.

Taxonomía Pyrus cordata foidescrita por Nicaise Augustin Desvaux e publicado en Observations sur les Plantes des Environs d'Angers 152–153, no ano 1818. en Trópicos en PlantList/

Sinonimia

Pyrus cordata non é a única especie de pereira que recibe o nome de Pereira brava. Tamén se coñece como pereira brava á emparentada Pyrus piraster Diversos autores ligan o nome común de pereira brava como Pyrus cordata e outros Pyrus piraster, ámbalas dúas especies pódense atopar en Galicia.Listado de variedades de pereiras cos seus nomes científicos . No sur de Portugal Pyrus bourgaeana tamén recibe este nome común.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pyrus, o xénero que acolle todas as especies de pereiras. A pereira común, especie cultivada. A pera, froito das pereiras. Ligazóns externas Fotografía dunha pereira brava xigante

Categoría:Froiteiras Categoría:Pyrus Categoría:Árbores de Galicia Categoría:Froitos do bosque