Keyon Latwae Dooling, nado o 8 de maio de 1980 en Fort Lauderdale, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogou profesionalmente cos Los Angeles Clippers, Miami Heat, Orlando Magic, New Jersey Nets, Milwaukee Bucks e Boston Celtics.

Traxectoria Universidade Dooling disputou dúas tempadas na Universidade de Missouri, onde fixo 12,1 puntos, 3,4 asistencias, 2,4 rebotes de media en 28.1 minutos por partido cun 41,1% en tiros de campo, 33,8% en triplas e 73,3% en tiros libres, nun total de 59 partidos. Na súa tempada sophomore liderou aos Tigers en anotación (15.3 puntos), asistencias (3.6) e tapóns, ademais de ser elixido no segundo mellor quinteto da Big 12 Conference e no primeiro quinteto da NABC District 12. Na súa primeira tempada na NCAA foi nomeado no mellor quinteto de freshman da súa conferencia e seleccionado en dúas ocasións mellor xogador da semana da Big 12.

NBA Foi seleccionado no Draft da NBA do ano 2000 na 10ª posición por Orlando Magic, sendo traspasado inmediatamente a Los Angeles Clippers xunto con Corey Maggette, Derek Strong e diñeiro por unha futura primeira rolda do draft. Na súa primeira tempada na NBA promediou 5.9 puntos e 2.3 asistencias en 76 partidos xogados, un deles de titular. Nos Clippers pasou catro campañas coma base suplente sen pasar dos 20 minutos por partido, polo que en 2004 fichou por Miami Heat. En 74 partidos cos Heat, os seus números foron 5.2 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias. Tras non xogar demasiado, asinou con Orlando Magic en verán de 2005, onde cumpriu a súa segunda tempada cun rol similar ao que leva cumprindo ao longo da súa traxectoria na liga.

A súa mellor tempada foi a súa primeira nos Magic, onde asinou 9.4 puntos e 2.2 asistencias en 50 partidos disputados, 7 deles coma titular. O 21 de xullo de 2008 fichou polos New Jersey Nets e o 19 de xullo de 2010 por Milwaukee Bucks.

O 9 de decembro de 2011, Dooling asinou cos Boston Celtics.

O 20 de setembro de 2012, Dooling foi cortado polos Celtics, e posteriormente retirouse do baloncesto profesional.

O 3 de abril de 2013, volveu do seu retiro e asinou cos Memphis Grizzlies.Grizzlies sign Keyon Dooling

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com de Keyon Dooling Estatísticas de Keyon Dooling

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Fort Lauderdale Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Bases de baloncesto