Toba (鳥羽市, とばし, Toba-shi) é un concello da prefectura de Mie no Xapón. Está situado ao leste da prefectura, na parte sur da península de Shima, na zona da provincia histórica de Shima, ao sur da rexión de Chūbu, ao oeste da rexión de Tōkai e ao leste da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 107,99 km², a poboación é de 21.627 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 200 hab./km².
O concello de Toba limita cos concellos de Ise e Shima.
Historia A cidade de Toba foi fundada após a fusión dun concello de vila e 7 concellos de aldeas do distrito de Shima en 1 de novembro de 1954.
Cidades irmandadas Santa Barbara (1966).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Toba .
Categoría:Prefectura de Mie Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Rexión de Kinki Categoría:Concellos do Xapón