No Brasil as Policías Militares (PM) son forzas auxiliares e reserva do exército, e forman parte do sistema de seguridade pública e defensa social brasileiro. Os seus membros son chamados militares dos Estados.Artigo 42 da Constitución Brasileira de 1988. Os Estados teñen cadansúa propia policía militar, con diferentes formacións, regulamentos e uniformes. As policías das forzas armadas teñen outras denominacións: Policía do Exército (PE), Policía Naval (PN), e Policía da Aeronáutica (PA).

A principal función da Polícia Militar do Paraná (PMPR) é a conservación da orde pública no Estado do Paraná.

Historia A Policía Militar do Paraná foi creada como unha unidade de Cazadores (Infantaría Leve) en 1854,Lei n° 07, de 10 de agosto de 1854. co nome de Compañía de Forza Policial. Debido a necesidade do Imperio do Brasil, de efectivos militares para situacións de emerxencia.

A historia da PMPR presenta honrosa participación nos acontecementos militares que marcaron a vida nacional brasileira. Guerra da Tripla Alianza Revolución Federalista Guerra do Contestado Revolución de 1924 Revolución de 1930 Revolución de 1932

Essa situación foi mantida ata a fin da segunda guerra mundial, e foi soamente en 1946 cando a Policía Militar adquiriu a configuración actual; unha especie de xendarmaría que está suxeita aos Estados (da Federación).

Denominacións miniatura|250px|<center>Oficiais Bombeiros - 1923. 1854 - Compañía de Forza Policial. 1874 - Corpo de Policía.Lei n° 380, de 30 de marzo de 1874. 1891 - Corpo Militar de Policía.Decreto n° 04, de 10 de decembro de 1891. 1892 - Rexemento de Seguranza.Lei n° 36, de 05 de xullo de 1892. 1917 - Forza Militar.Decreto n° 473, de 09 de xullo de 1917. 1932 - Forza Pública. 1939 - Forza Policial. 1946 - Policía Militar.

Organización A PMPR está organizada en batallóns, compañías e pelotóns. As sedes dos batallóns están localizadas nas grandes cidades, e as súas compañías e pelotóns son distribuídos consonte coa densidade de poboación nas cidades veciñas.

Batallóns de Policía Militar A Policía Militar do Paraná está presente en todas as cidades do Estado. miniatura|250px|<center>Carro de transporte de presos - 1909. miniatura|250px|<center>Día da Independencia do Brasil - 1938. miniatura|250px|<center>Patrulla de Escolas - 2008. miniatura|250px|<center>Helicóptero de Patrulla - 2011. 1° Batallón de Policía Militar - Ponta Grossa; 2° Batallón de Policía Militar - Jacarezinho; 3° Batallón de Policía Militar - Pato Branco; 4° Batallón de Policía Militar - Maringá; 5° Batallón de Policía Militar - Londrina; 6° Batallón de Policía Militar - Cascavel; 7° Batallón de Policía Militar - Cruzeiro do Oeste; 8° Batallón de Policía Militar - Paranavaí; 9° Batallón de Policía Militar - Paranaguá; 10° Batallón de Policía Militar - Apucarana; 11° Batallón de Policía Militar - Campo Mourão; 12° Batallón de Policía Militar - Curitiba; 13° Batallón de Policía Militar - Curitiba; 14° Batallón de Policía Militar - Foz do Iguaçu; 15° Batallón de Policía Militar - Rolândia; 16° Batallón de Policía Militar - Guarapuava; 17° Batallón de Policía Militar - São José dos Pinhais; 18° Batallón de Policía Militar - Cornélio Procópio; 19° Batallón de Policía Militar - Toledo; 20° Batallón de Policía Militar - Curitiba; 21° Batallón de Policía Militar - Francisco Beltrão; 22° Batallón de Policía Militar - Colombo; 23° Batallón de Policía Militar - Curitiba; 1ª Compañía Independente de Policía Militar - Lapa; 2ª Compañía Independente de Policía Militar - União da Vitória; 3ª Compañía Independente de Policía Militar - Telêmaco Borba; 4ª Compañía Independente de Policía Militar - Londrina; 5ª Compañía Independente de Policía Militar - Umuarama. 6ª Compañía Independente de Policía Militar - Ivaiporã; 7ª Compañía Independente de Policía Militar - Arapongas; 8ª Compañía Independente de Policía Militar - Irati.

Unidades Especializadas Rexemento de Policía Montada; Batallón de Policía de Tráfego; Batallón de Policía de Estrada; Batallón de Policía de Garda (de prisións); Batallón de Policía de Medio Ambiente; Batallón de Patrulla de Escolas; Batallón de Operacións Especiais; Batallón de Policía de Fronteira; Compañía Independente de Policía de Garda (cerimonial).

Corpo de Bombeiros O Corpo de Bombeiros do Paraná foi creado en 1912. A Corporación é militarizada, semellante ao Sapeurs-pompiers de Francia, e está integrada na estrutura da PMPR. Un grupamento é equivalente a un batallón, e un subgrupamento dunha compañía. Os grupamentos e subgrupamentos están baseados nas grandes cidades. Nas cidades pequenas, os combates a incendios son realizados por bombeiros voluntarios. 1° Grupamento de Bombeiros - Curitiba; |dereita|120px 2° Grupamento de Bombeiros - Ponta Grossa; 3° Grupamento de Bombeiros - Londrina; 4° Grupamento de Bombeiros - Cascavel; 5° Grupamento de Bombeiros - Maringá; 6° Grupamento de Bombeiros - São José dos Pinhais; 7° Grupamento de Bombeiros - Paranaguá; 8° Grupamento de Bombeiros - Foz do Iguaçu; 1º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Ivaiporã; 2º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Pato Branco; 3º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Francisco Beltrão. 4º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Apucarana; 5º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Guarapuava; 6º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Umuarama; Centro de Ensino e Adestramento - Piraquara.

Uniformes Historicamente os militares brasileiros herdaron tradicións lusitanas. Desde o nacemento ata os primeiros anos da República, a PMPR usou uniformes azuis (azul ferrete) semellantes aos do Exército Português. En 1912 foi adoptada a cor caqui, que tradicionalmente permanece en uso ata hoxe. Os bombeiros sempre usaron os mesmos uniformes da policía militar, só engadindo as súas insignias e distintivos. centro|650px

Graduación A PMPR ten a mesma xerarquía do Exército Brasileiro, con insignias diferentes.

<center> {| border="1" cellpadding="2" !width="100"|Coronel !width="100"|TenenteCoronel !width="100"|Maior !width="100"|Capitán !width="100"|PrimeiroTenente !width="100"|SegundoTenente !width="100"|Aspirantea Oficial !width="100"|Subtenente |- |<center>65px||<center>65px||<center>65px||<center>65px||<center>65px||<center>65px||<center>65px||65px

<center> {| border="1" cellpadding="2" !width="100"|PrimeiroSarxento !width="100"|SegundoSarxento !width="100"|TerceiroSarxento !width="100"|Cabo !width="100"|Soldado dePrimeira Clase |- |<center>65px||<center>65px||<center>65px||<center>65px||65px

Notas

Ligazóns externas

Páxina oficial da Polícia Militar do Paraná.

P