Ada Yonath, nada en Xerusalén o 22 de xuño de 1939 e finada o 31 de agosto de 2026, foi unha cristalógrafa israelí recoñecida polos seus traballos pioneiros na estrutura dos ribosomas.
Traxectoria Foi directora do Centro de Estrutura Biomolecular Helen e Milton A. Kimmelman do Instituto Weizmann. Foi galardoada co Premio Nobel de Química en 2009.
Introduciu unha nova técnica para o estudo da cristalografía en estruturas biolóxicas, a crío bio-cristalografía, que facilita proxectos de cristalografía, os cales doutro xeito serían máis complicados de resolver.
Obtivo o seu doutoramento no Instituto Weizmann de Ciencias, e logo realizou os seus estudos postdoctorales no MIT e na Universidade Carnegie Mellon. En 1970 estableceu o único laboratorio de cristalografía de proteínas en Israel.
Premios (selección) Premio Israel (2002). Premio Massry (2004), xunto con Harry Noller. Premio Louisa Gross Horwitz (2005). Premio Paul-Ehrlich e Ludwig-Darmstaedter (2007), xunto con Harry Noller. Premio Wolf en Química (2006/07), xunto con George Feher.Ada Yonath e George Feher galardoados co Premio Wolf en Química (en inglés) Premio L'Oreal-UNESCO para as Mulleres na Ciencia (2008).Premio L'Oreal-UNESCO para as Mulleres na Ciencia (en inglés) Premio Nobel de Química (2009), xunto con Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Weizmann Institute of Science, Yonath-Site Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2009 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2009 Perfil de Ada E. Yonath en NNDB Página oficial dos Premios Wolf en Química
Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Biólogos de Israel Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Xerusalén Categoría:Finados en 2026 Categoría:Alumnos da Universidade Hebrea de Xerusalén Categoría:Alumnos do Instituto Weizmann de Ciencias Categoría:Premios Nobel de Israel