Peter Christen Asbjørnsen, nado en Oslo (daquela chamado Christiania) o 15 de xaneiro de 1812 e finado na mesma cidade o 6 de xaneiro de 1885, foi un poeta e naturalista noruegués. A súa obra contribuíu á rexeneración da lingua norueguesa e fixo importantes investigacións sobre ciencias naturais.

Traxectoria Naceu en Oslo pero estivo en contacto coa cultura rural e a tradición oral do seu país. Coñeceu a Jørgen Moe sendo un estudante e os dous viaxaron por toda Noruega para recoller e recompilar contos tradicionais, en 1841 comezaron a editalos nunha serie de folletos, nunha lingua escrita moi próxima á falada. A partir de 1850 dedicouse sobre todo ao estudo das ciencias naturais.

Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Escritores de Noruega Categoría:Nados en Oslo Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1885