miniatura|dereita|Mapa de Pomponio Mela Pomponio Mela, nado en Alxeciras c. 15 e finado en Roma c. 45, foi un xeógrafo hispano que viviu no século I despois de Cristo.

Traxectoria Naceu en Tingentera (Alxeciras), e escribiu nas décadas trinta e corenta do século I. Fixo unha obra en tres libros na que describe as diversas terras que se coñecían, e que se titula Chorographia.

No que se refire a Hispania fai descricións de costas do Mediterráneo, das illas Baleares, da zona de Cádiz e da costa atlántica. A súa obra é importante por recoller máis dun cento de topónimos e etnónimos da Península Ibérica no século I. Posiblemente as informacións achegadas por militares, funcionarios romanos e visitantes constitúan as súas fontes, ademais de Cornelio Nepote, Salustio e Varrón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Edición en latín de "De Chorographia" Cosmographia, sive De situ orbis / cum figuris necnon cum annotationibus Francisci Nunnis de la Yerva. Edición facsímile da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Reprodución dixital da edición de Salmanticae, [Typ. Nebrissensis: "Gramática" (Haeb. 470)], 1498.

Categoría:Xeógrafos da Antigüidade Categoría:Nados en Alxeciras Categoría:Nados no século I