Arganzuela é un distrito da cidade española de Madrid que comprende o territorio ao leste do río Manzanares e integramente dentro do perímetro da M-30.
Limita, ao norte e nordés cos distritos de Centro e Retiro; ao leste e sueste co de Puente de Vallecas; ao sur co de Usera e ao oeste cos de Latina e Carabanchel. Ten unha superficie de aproximadamente 6,46 km² e contaba en 2023 con 153.304 habitantes.
Datos históricos
Constitúe a prolongación cara ao Sur do Casco Histórico.
Ata o século XVIII só situáronse na súa área instalacións de servizos. A acción urbanizadora de Carlos III proxecta o actual trazado dos paseos que hoxe dan especial carácter ao Distrito. Coa implantación do ferrocarril e a incorporación dos terreos do Distrito ao Proxecto de Ensanche de Madrid no século XIX quedan perfectamente configuradas as características do desenvolvemento de Arganzuela. A dispoñibilidade de terreos públicos facilita a instalación de usos industriais, dos mercados centrais e dos matadoiros así como de vivendas protexidas.
A partir do Plan de Ordenación de 1963 iníciase a recualificación social de Arganzuela que é desenvolta posteriormente mediante o Plan Especial da Avda. da Paz (M-30) e máis recentemente polo Plan de Actuación do Corredor Verde Ferroviario.
Barrios Este distrito está dividido en sete barrios: Acacias Atocha Chopera Delicias Imperial Legazpi Palos de la Frontera
Véxase tamén Referencias
Bibliografía
Ligazóns externas
Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno Programación cultural de Arganzuela
Categoría:Distritos de Madrid