Ángeles Caso, nada en Xixón o 16 de xullo de 1959, é unha escritora, xornalista e tradutora española.

Traxectoria É filla de José Miguel Caso González, que foi catedrático da Facultade de Filoloxía, especialista no século XVIII e chegou a ser reitor da Universidade de Oviedo.

Licenciouse en Xeografía e Historia, especialidade Historia da Arte, e traballou para a revista asturiana Panorama regional, a Fundación Príncipe de Asturias, o Instituto Feijoo de Estudios del siglo XVIII da Universidade de Oviedo, e medios como Televisión Española, Cadena SER ou Radio Nacional de España.

En 1994, foi finalista do Premio Planeta, que gañou en 2009 coa novela Contra el viento.

En 2015 figurou na lista de Podemos-Equo nas eleccións ao Congreso dos Deputados por Asturias, pero sen opcións de saír elixida.

Premios Finalista do Premio Planeta con El peso de las sombras (1994). Premio Fernando Lara con Un largo silencio (2000). Premio Planeta con Contra el viento (2009).

Filmografía Telediario, TVE (1985-1986) La Tarde, TVE (1985-1986) Deseo (de Gerardo Vera, guión) (2002)

Obra Asturias desde la noche. 1988. Guía. Elisabeth, emperatriz de Austria-Hungría o el hada. 1993. El peso de las sombras. 1994. Finalista XLIII Premio Planeta 1994. El inmortal. 1996, recompilatorio: Érase una vez la paz. El mundo visto desde el cielo. 1997. El resto de la vida. 1998. El verano de Lucky. 1999. La trompa de los monos. 1999, recompilatorio: Mujeres al alba La alegría de vivir. 1999, recompilatorio: Hijas y padres Un largo silencio. 2000. V Premio Fernando Lara de novela. Giuseppe Verdi, la intensa vida de un genio. 2001. Biografía do compositor italiano Giuseppe Verdi. Las olvidadas, una historia de mujeres creadoras. 2005. Contra el viento.2009. LVIII Premio Planeta 2009. Donde se alzan los tronos. 2012 Rahima Begum. 2013

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog no diario Público .

Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Tradutores de España Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Xixón