Larisa ( ou en grego Λάρισα), tamén coñecida coma Neptuno VII, é o quinto satélite máis interior de Neptuno. Foi bautizado co nome de Larisa, unha amante de Poseidón (Neptuno) na mitoloxía grega.

Descubrimento Foi descuberto por Harold J. Reitsema, William B. Hubbard, Larry A. Lebofsky e David J. Tholen baseándose en observacións fortuítas das ocultacións feitas por Larisa das estrelas de "fondo" que tiveron lugar o 24 de maio do 1981, dáselle a designación temporal de S/1981 N 1 e faise público o 29 de maio do 1981.IAU Circular 3608 describing the discovery of S/1981 N 1 A lúa foi "recuperada" e confirmada coma un "único obxecto" dentro da órbita descrita previamente no ano 1981, esta confirmación obtívose tralo sobrevoo de Neptuno por parte da Voyager 2 no ano 1989, [na páxina 1435] recibiría pouco despois a designación adicional de S/1989 N 2, concretamente o 2 de agosto do 1989.IAU Circular 4824 describing the discovery of S/1989 N 2, 3, and 4 O anuncio de Stephen P. Synnott falaba de “10 fotogramas tomados en 5 días”, o cal ofrece unha data da "recuperación" algúns días antes do 28 de xullo. O nome oficial foi outorgado o 16 de setembro de 1991.

Características miniatura|esquerda|Mapa de Larisa Larisa é de forma irregular (non esférica) e aparece cheo de cráteres de impacto, e sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. Pouco se coñece desta lúa, e coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa semella ser unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.

A órbita de Larisa é case circular e por riba está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.

Notas

miniatura|dereita|220px|Unha simulación de Larisa orbitando Neptuno. Os detalles da superficie son ficticios.

Véxase tamén Outros artigos Neptuno

Ligazóns externas Larissa Profileby NASA's Solar System Exploration Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Neptuno